Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia proxéctase no ámbito internacional como referente en tecnoloxías cuánticas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia proxéctase no ámbito internacional como referente en tecnoloxías cuánticas

Redacción
Publicado: 17/12/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

251217_quantum_x-4.jpgO conselleiro de Educación e Ciencia, Román Rodríguez, participou hoxe na II International Quantum Business Conference, que se celebra en Santiago de Compostela organizada polo CESGA e Fujitsu, coa colaboración da Xunta de Galicia. O responsable autonómico saudou aos máis de 300 asistentes procedentes de dez países que se dan cita neste encontro, centrado no impulso das tecnoloxías cuánticas no eido empresarial. A apertura do evento correu a cargo da directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo.
quantum_busines_conference.jpgA celebración desta segunda edición da International Quantum Business Conference coincide cun momento de especial relevancia para o ecosistema galego de cuántica. Galicia destaca tanto no ámbito investigador, a través das universidades públicas, dos centros tecnolóxicos e do CESGA, como no desenvolvemento de infraestruturas avanzadas en computación, comunicacións e sensórica cuántica.
O CESGA vén de adxudicar a adquisición dun novo computador cuántico cunha capacidade de 54 cúbits, que se suma ao actual Qmio, de 32 cúbits. Pola súa banda, o Vigo Quantum Communication Center conta con tres laboratorios experimentais e cunha estación óptica terrestre orientada ás comunicacións cuánticas. Ademais, Galicia participará no primeiro Centro Europeo de Excelencia Cuántica (QEX), a través do CESGA e das universidades de Santiago de Compostela e da Coruña, cunha iniciativa orientada a reforzar o liderado europeo neste ámbito tecnolóxico.

Talento e sistema sólido

No eido do talento, a Comunidade dispón dunha oferta formativa especializada, con dous mestrados de referencia: o Mestrado en Ciencia e Tecnoloxías da Información Cuántica, impartido polas tres universidades galegas, e o Mestrado en Computación de Altas Prestacións, desenvolvido polas universidades de Santiago de Compostela e da Coruña. Galicia conta tamén cun ecosistema sólido e estable, articulado arredor da Rede galega de tecnoloxías cuánticas, que integra a administración autonómica, as universidades, os centros tecnolóxicos, os clústeres e o tecido empresarial.
Desde 2024 celebráronse dous encontros de coordinación deste ecosistema e Galicia participou activamente tanto no Ano internacional da ciencia e da tecnoloxía cuántica como na elaboración da Estratexia de tecnoloxías cuánticas de España.
A colaboración público-privada entre Fujitsu, o CESGA e a Xunta de Galicia enmárcase no proxecto Quorum Spain, un ecosistema de innovación en tecnoloxías cuánticas liderado desde Galicia, co obxectivo de crear unha contorna colaborativa que impulse a innovación neste eido e sitúe a España á vangarda das tecnoloxías do futuro. Este proxecto está financiado polo CDTI con fondos europeos Next Generation EU e polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
A cuántica está definida como unha iniciativa de alto impacto dentro das áreas estratéxicas do Plan galego de investigación e innovación 25-27, o que evidencia o compromiso do Goberno galego co desenvolvemento destas tecnoloxías a través do Polo de tecnoloxías cuánticas de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?