Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 650 escolares e docentes xúntanse no primeiro encontro de centros do programa Radio na Biblio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

650 escolares e docentes xúntanse no primeiro encontro de centros do programa Radio na Biblio

Redacción
Publicado: 18/12/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

251218_radiosescolares_x-2.jpgO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, participou esta mañá no primeiro encontro de centros integrados no programa Radio na Biblio, unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia. A xornada, celebrada na Cidade da Cultura, congrega 650 escolares de 5º e 6º de Primaria xunto con docentes pertencentes ás emisoras escolares dos seus respectivos centros, co obxectivo de recoñecer o labor desenvolvido e poñer en valor a radio como ferramenta educativa.
Durante o encontro, Román Rodríguez destacou a contribución do programa ao desenvolvemento das competencias lingüísticas do alumnado e, especialmente, ao fomento do traballo en grupo, un aspecto clave para favorecer a convivencia dentro da comunidade educativa. A xornada, conducida pola xornalista Esther Estévez, incluíu entrevistas realizadas por alumnado do Colexio de Petelos (Mos) ao propio conselleiro, á piragüista Teresa Portela e ao divulgador cultural Miguel Ángel Cajigal, coñecido como El Barroquista.
251218_radiosescolares_x-3.jpg Os participantes tiveron tamén a oportunidade de achegarse ao funcionamento dos medios de comunicación profesionais a través de encontros con xornalistas do sector. Neste marco, alumnado do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme (Sober) e do CEIP Plurilingüe Nosa Señora de Xuvencos (Boborás) entrevistou a Kike Magdalena (Radio Galega), Andrea Oca (Radio Nacional), Mario Moreno (Cadena SER), Ignacio Capeáns (Onda Cero), Patricia Iglesias (COPE) e Eva Millán (Radio Voz).
O programa da xornada completouse con obradoiros simultáneos de teatro radiofónico, laboratorio de radio e locución e expresión oral, impartidos polo actor Artur Trillo, os xornalistas Sergio Pascual e Susana Bastón, e as actrices e escritoras Cris Collazo, Soledad Felloza e Charo Pita.

Contidos
  • Centros participantes
  • Un programa consolidado

Centros participantes

251218_radiosescolares_x-6.jpgPola provincia da Coruña participan os CEIP Plurilingüe A Cristina (Carballo), CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña), CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira (Ferrol), CEIP Plurilingüe da Rabadeira (Oleiros), CEP Xosé María Brea Segade (Rianxo), CEIP Lamas de Abade (Santiago de Compostela) e CPI Plurilingüe de Fonte-Díaz (Touro). Desde Lugo asisten os CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño (Begonte), CEIP de Cervo (Cervo), CPI Plurilingüe Virxe do Monte (Cospeito), CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos (Monforte de Lemos) e CEIP Plurilingüe Virxe do Carme (Sober).
Da provincia de Ourense participan os CEIP Plurilingüe O Ruxidoiro (Barbadás), CEIP Plurilingüe Nosa Señora de Xuvencos (Boborás), CEIP O Couto (Ourense), CPI Plurilingüe José García García (Ourense) e CEIP Padre Crespo (Xunqueira de Ambía), mentres que por Pontevedra asisten os CEIP de Corvillón (Cambados), CEIP do Foxo (A Estrada), CEIP Valle-Inclán (O Grove), CEIP Plurilingüe As Covas-Meaño (Meaño), CEIP de Petelos (Mos), CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal) e CEIP Ramón de Valenzuela (Silleda).

Un programa consolidado

251218_radiosescolares_x-8.jpgRadio na Biblio cumpre neste curso o seu noveno ano de funcionamento e chega xa a 245 centros educativos, nos que se desenvolve un laboratorio de radio orientado ao traballo de competencias relacionadas coa alfabetización mediática, a expresión oral e escrita e as habilidades lingüísticas. Trátase dunha iniciativa plenamente consolidada que aproveita a creación dunha emisora escolar nas bibliotecas para abordar contidos curriculares mediante metodoloxías activas e innovadoras.
O uso das tecnoloxías da información e da comunicación facilita, ademais, que a radio se converta nunha ferramenta pedagóxica de gran alcance para a difusión dos proxectos e iniciativas dos centros. O programa enmárcase no Plan LÍA 2021-2025 de bibliotecas escolares, que reforza propostas orientadas á formación do alumnado no acceso crítico e responsable aos medios de comunicación e á información en múltiples formatos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?