Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta amosa as capacidades en supercomputación e cuántica ao Ministerio para a Transformación Dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta amosa as capacidades en supercomputación e cuántica ao Ministerio para a Transformación Dixital

Redacción
Publicado: 18/12/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

251218_supercomputacion_x-2.jpgA directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, amosoulle esta mañá á directora xeral de Intelixencia Artificial, Aleida Alcaide, do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, as capacidades do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA). A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP puxo en valor a intensa expansión que está a vivir o centro, no marco da aposta da Xunta de Galicia por tecnoloxías como a cuántica, a supercomputación e a intelixencia artificial, polo seu potencial transformador do tecido produtivo e social e polo seu papel no avance da I+G+i.
251218_supercomputacion_x-1.jpg En concreto, o CESGA está a acometer unha ampliación das súas infraestruturas cun investimento de 56 millóns de euros procedentes de fondos europeos e de fondos propios da Xunta de Galicia. Esta actuación inclúe a construción dun novo edificio no polígono compostelán da Sionlla, a adquisición dun novo supercomputador (o Finisterrae IV), un novo sistema de almacenamento e a compra dun novo ordenador cuántico, que vén de ser adxudicado.
251218_supercomputacion_x-3.jpg Ademais, a candidatura do CESGA para albergar unha das 19 factorías europeas de intelixencia artificial acaba de ser aprobada, cun investimento de 82 millóns de euros (o 50 % con fondos europeos e o 50 % con achegas estatais e galegas). Esta fábrica de IA, que levará o nome de 1HealthAI, estará centrada no ámbito da saúde e permitirá a adquisición dun novo supercomputador específico para intelixencia artificial, así como dunha plataforma de supercomputación avanzada optimizada para IA experimental. Tamén prestará servizos de apoio integral, de xeito gratuíto, a empresas e centros de investigación.

Posicionamento de Galicia en tecnoloxías cuánticas

Carmen Cotelo tamén interveu esta mañá na II Conferencia Internacional de Cuántica Empresa, organizada por Fujitsu en colaboración co CESGA e a Xunta de Galicia. No seu relatorio explicou a aposta de Galicia polas tecnoloxías cuánticas, coa ambición de situarse como referente no horizonte de 2030. Así mesmo, detallou a folla de ruta para acadar este posicionamento, salientando fitos acadados en 2025 como a adhesión ao Ano Internacional da Ciencia e da Tecnoloxía Cuántica 2025, o liderado do proxecto Quorum Spain (Ecosistema de innovación en tecnoloxías cuánticas) ou a concesión da participación galega no Centro europeo de excelencia en cuántica (QEX).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?