Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis do 15% das empresas galegas rexistraron algún incidente de ciberseguridade en 2025
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis do 15% das empresas galegas rexistraron algún incidente de ciberseguridade en 2025

Redacción
Publicado: 19/12/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

informe_ciberseguridade-1.jpgO 15,5 % das empresas galegas sufriu algún incidente de ciberseguridade ao longo do último ano, unha cifra que se achega ao 50 % no caso das compañías con máis de 49 traballadores. Entre os incidentes máis habituais destacan os ataques de phishing, baseados na obtención fraudulenta de información mediante a suplantación dunha identidade allea á empresa. A consecuencia máis común destes episodios foi a indispoñibilidade dos servizos tecnolóxicos.
Estes datos recóllense no Informe sobre a ciberseguridade nas empresas de Galicia, elaborado polo OSIMGA, organismo adscrito á AMTEGA, en colaboración co Instituto Galego de Estatística, que se fai público hoxe.

Contidos
  • Tipos de incidentes
  • Investimento e capacitación
  • Percepción do nivel de seguridade

Tipos de incidentes

Segundo o estudo, o incidente máis frecuente é o phishing externo, que afectou ao 10,2 % das empresas. A continuación sitúase, a bastante distancia (2,6 %), a suplantación de identidade dentro da propia organización. Os ataques por virus informáticos e a denegación de servizos por sobrecarga rexistráronse en máis do 2 % das empresas, mentres que as intrusións mediante accesos non autorizados representaron o 1,9 % e a instalación de software malicioso o 1,2 %.
No tocante ás consecuencias, a máis habitual foi a falta de dispoñibilidade dos servizos tecnolóxicos, que afectou ao 53,3 % das empresas que sufriron incidentes. Séguena a perda de produtividade (29,8 %) e os gastos económicos adicionais (24,8 %).
O informe indica tamén que durante 2025 o 14,4 % das empresas de 50 ou máis traballadores padeceron algún tipo de consecuencia derivada dun incidente de ciberseguridade. Esta porcentaxe redúcese ao 8,3 % nas empresas de entre 10 e 49 empregados e ao 5,6 % nas de menos de 10. Por sectores, o comercio é o que presenta unha maior incidencia (9,6 %), seguido da construción (5,9 %) e da industria (5,1 %).
Máis do 33 % das empresas que sufriron incidentes de seguridade recibiron apoio externo: máis do 17 % acudiron a empresas especializadas, o 7,2 % ás forzas e corpos de seguridade, o 3,2 % ao INCIBE e menos do 3 % a organismos autonómicos.

Investimento e capacitación

informe_ciberseguridade-2.jpgO 81,6 % das empresas galegas aplican algunha medida de seguridade nos seus equipos e sistemas de comunicación. Esta porcentaxe acada practicamente o 100 % nas empresas de 50 ou máis persoas empregadas. Nas compañías de entre 10 e 49 traballadores, os valores van do 86,2 % na hostalaría ao 100 % no comercio.
En relación co investimento, o 40 % das empresas galegas destinou recursos á ciberseguridade, cun gasto medio anual de 3.217 euros. Case o 70 % das empresas de maior tamaño realizan este tipo de investimento, destacando especialmente o sector servizos, excluíndo comercio e hostalaría.
Durante o último ano, o 22,1 % das empresas ofreceron ao seu persoal formación específica en ciberseguridade, unha porcentaxe que supera o 50 % nas empresas de 50 ou máis empregados. O sector doutros servizos sitúase á cabeza, cun 35,7 %, máis de dez puntos por riba do resto.

Percepción do nivel de seguridade

O 60,3 % das empresas consideran que están preparadas cun nivel adecuado ou alto en seguridade TIC, unha percepción que varía desde o 88,8 % nas empresas de maior tamaño ata o 58,7 % nas máis pequenas.
Por sectores, o de outros servizos e o industrial son os que se perciben como mellor preparados, mentres que a hostalaría presenta os valores máis baixos, cun 44,7 % das empresas que se consideran adecuadamente preparadas fronte a posibles ciberataques.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?