Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Gaiás pecha 2025 coa obra do Centro de Artes Dixitais lista para iniciar o equipamento tecnolóxico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Gaiás pecha 2025 coa obra do Centro de Artes Dixitais lista para iniciar o equipamento tecnolóxico

Redacción
Publicado: 19/12/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

251219_cltura_pdroadofndacion-0.jpgO conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, presidiu esta mañá a última reunión do ano do padroado da Fundación Cidade da Cultura, na que subliñou que a Xunta de Galicia pecha 2025 cumprindo o compromiso de deixar rematadas as obras do Centro de Artes Dixitais para iniciar o seu equipamento tecnolóxico e facer posible que estea operativo na segunda metade de 2026.
Á espera de pechar os datos definitivos de decembro, López Campos salientou que o Gaiás finalizará 2025 con preto de 1,4 millóns de visitas, nun exercicio no que se bateron dous récords: foi o ano da última década con máis actividades culturais organizadas (205) e tamén no que participaron máis persoas nelas (262.639). «Estamos diante de números que acreditan a consolidación dunha tendencia expansiva», afirmou.
O titular de Cultura puxo o foco na relevancia das itinerancias expositivas, un programa en marcha desde hai anos pero que en 2025 acadou un protagonismo inédito. «Por vez primeira, preto de 70.000 persoas gozaron de contidos producidos polo Gaiás en centros culturais das súas localidades», explicou López Campos. En total, once mostras da Cidade da Cultura exhibíronse non só en Santiago de Compostela, senón tamén en Madrid, Zamora, Vigo, A Coruña, Pontevedra e Lugo, así como en vilas como Baiona, Ponteareas ou Ribadavia.
Entre as liñas estratéxicas, o conselleiro destacou os avances nas artes dixitais, citando proxectos como Orixes ou Castelao. Mirar por Galicia, a iniciativa tecnoloxicamente máis avanzada arredor desta icona da cultura galega e proposta estrela da Xunta de Galicia no Ano Castelao.
O responsable de Cultura quixo tamén pór en valor os recoñecementos acadados, como a presenza de Hábitats (unha proposta desenvolvida polo Gaiás) no ránking dos mellores proxectos de arte dixital de España do Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea, ou a selección de Orixes como finalista nun dos principais galardóns europeos desta tecnoloxía, os XR Awards. Do mesmo xeito, aludiu á relevancia da primeira edición do foro SINTE, que reuniu en Galicia algunhas das figuras máis destacadas da arte e da creación dixital a nivel internacional.

Contidos
  • Apoio á creación
  • Retos para 2026

Apoio á creación

Máis alá da exhibición de contidos, López Campos destacou o papel da Cidade da Cultura no apoio á comunidade artística galega, enumerando iniciativas como as Residencias Artísticas, o Encontro de Artistas Novos ou a Residencia Literaria, a través das cales a Xunta canaliza un investimento próximo aos 170.000 euros para impulsar proxectos de artistas maioritariamente galegos.
O balance de 2025 estivo marcado, ademais, por unha liña constante no programa do Gaiás: a posta en valor de figuras clave da cultura galega. Xunto a Castelao. Mirar por Galicia, o Museo Gaiás acolleu unha retrospectiva de Rafael Úbeda, a mostra sobre Francisco Asorey (aínda aberta) e unha exposición fotográfica dedicada ao Premio PHotoEspaña 2024, o ucraíno Boris Savelev, afincado en Vigo.
O ano que remata tamén estivo definido polo compromiso coa cultura inclusiva e coa accesibilidade como eixes do modelo de xestión, unha aposta que se materializou en colaboracións con entidades como a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, o Programa Vagalume (que traballa con mulleres en contexto de explotación sexual), a organización de mostras sobre a historia LGTBI en Galicia ou proxectos artísticos con colectivos de persoas con dano cerebral adquirido.
Nesta mesma liña, o conselleiro salientou o esforzo por incorporar ás actividades culturais recursos como intérpretes de linguas de signos, folletos e textos en lectura fácil para as exposicións ou mochilas vibratorias destinadas a mellorar a experiencia dos concertos das persoas con discapacidade auditiva.

Retos para 2026

Xunto ao equipamento e á posta en marcha do Centro de Artes Dixitais, López Campos trasladou ao padroado que 2026 estará marcado por ambiciosas exposicións internacionais, que se darán a coñecer ao longo de xaneiro e que servirán de antesala ao Xacobeo 2027. Ademais, avanzou a ampliación do auditorio do Edificio Fontán para acoller espectáculos escénicos e as obras para a construción dun centro de apoio loxístico ao Museo e á Biblioteca e Arquivo de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?