Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Samsung SmartThings convértese na primeira plataforma de fogar conectado en admitir cámaras Matter
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Samsung SmartThings convértese na primeira plataforma de fogar conectado en admitir cámaras Matter

Redacción
Publicado: 19/12/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

samsung-technology-smartthings-smartthings-becomes-the-industrys-first-to-support-matter-cameras_main1.jpgSamsung anunciou que a súa plataforma de fogar conectado, SmartThings, xa é compatible con Matter 1.5, o estándar global impulsado pola Connectivity Standards Alliance (CSA). Con este paso, a compañía surcoreana convértese na primeira do sector en ofrecer soporte para cámaras compatibles con Matter, ampliando de maneira significativa as capacidades do ecosistema de fogar conectado.
A partir de finais deste mes, Samsung despregará actualizacións de SmartThings para estender a lista de dispositivos compatibles con Matter, que ata o de agora incluía luces, pechaduras, interruptores e distintos sensores. Coa chegada das cámaras, SmartThings pasa a ser a plataforma de fogar conectado con maior nivel de compatibilidade con dispositivos baseados neste estándar.

Contidos
  • Máis seguridade co soporte de cámaras Matter 1.5
  • Máis opcións para os usuarios e maior simplicidade para os desenvolvedores

Máis seguridade co soporte de cámaras Matter 1.5

Matter 1.5, presentado pola CSA no mes de novembro, introduce oficialmente a compatibilidade con cámaras, ademais de melloras en funcións relacionadas co control de persianas, toldos e portas de garaxe, así como avances na xestión enerxética. A incorporación das cámaras era unha das demandas máis esperadas pola industria, ao tratarse dun compoñente clave en calquera ecosistema de fogar conectado.
O estándar permite soportar diferentes tipos de cámaras, tanto de interior como de exterior, videoporteiros e outros dispositivos similares. Entre as funcionalidades incluídas atópanse a transmisión de vídeo en directo, a comunicación bidireccional, a detección de movemento, o rexistro de eventos e os controis de panorámica, inclinación e zoom.

Máis opcións para os usuarios e maior simplicidade para os desenvolvedores

A compatibilidade de SmartThings con Matter facilita que os fabricantes de cámaras poidan lanzar dispositivos baseados neste estándar sen necesidade de desenvolver interfaces de programación específicas para cada plataforma. Isto reduce a complexidade técnica e acelera a chegada de novos produtos ao mercado.
Samsung traballa xa con fabricantes internacionais de dispositivos IoT como Aqara, Eve ou Ulticam no desenvolvemento de cámaras compatibles con Matter, cuxa comercialización está prevista a partir de marzo de 2026. Paralelamente, SmartThings mantén colaboracións con marcas como Aqara, Arlo, Philips Hue ou Ring para ofrecer unha ampla variedade de experiencias de videovixilancia doméstica mediante distintos protocolos de conexión.
A integración das cámaras en SmartThings permite aos usuarios crear fogares máis seguros e adaptados ao seu estilo de vida, con opcións como supervisar a vivenda a distancia, comprobar o estado das mascotas ou configurar rutinas personalizadas en combinación con timbres e outros dispositivos conectados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?