Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 98,6 millóns de euros de sanción a Apple por abuso de posición dominante
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

98,6 millóns de euros de sanción a Apple por abuso de posición dominante

Redacción
Publicado: 22/12/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

599952265_1286821370136351_154093211117622943_n.jpgA Autoridade Garante da Competencia e do Mercado de Italia (AGCM) impuxo unha sanción de 98.635.416,67 euros a Apple por abuso de posición dominante no ámbito da distribución de aplicacións para dispositivos con sistema operativo iOS. A resolución conclúe que a compañía vulnerou o artigo 102 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea no mercado da subministración de plataformas aos desenvolvedores para a distribución en liña de aplicacións móbiles, un segmento no que exerce unha posición de dominio absoluto a través da App Store.
A sanción chega ao remate dunha instrución cualificada de complexa, desenvolvida en coordinación coa Comisión Europea, con outras autoridades nacionais de competencia e co Garante para a Protección de Datos Persoais. O expediente céntrase na App Tracking Transparency (ATT), a política de privacidade introducida pola compañía en abril de 2021 no seu sistema operativo móbil, que impón determinadas obrigas aos desenvolvedores terceiros que distribúen as súas aplicacións na App Store.
Segundo a AGCM, a política ATT establece que os desenvolvedores deben obter un consentimento específico para a recollida e o cruzamento de datos con fins publicitarios mediante unha pantalla predeterminada imposta pola propia Apple. Porén, este mecanismo non resulta suficiente para cumprir cos requisitos esixidos pola normativa de protección de datos, o que obriga os desenvolvedores a duplicar a solicitude de consentimento para o mesmo obxectivo.
A autoridade de competencia considera acreditado que as condicións da política ATT son impostas de maneira unilateral, prexudican os intereses dos socios comerciais da compañía e non resultan proporcionadas para acadar o obxectivo de protección da privacidade alegado por Apple. A duplicación das solicitudes de consentimento restrinxe a recollida, o uso e o cruzamento dos datos dos usuarios, un elemento clave para a publicidade personalizada en liña, e provoca un impacto negativo na actividade dos desenvolvedores cuxo modelo de negocio depende da venda de espazos publicitarios, así como nos anunciantes e nas plataformas de intermediación publicitaria.
A AGCM subliña que esta falta de proporcionalidade podería terse evitado se Apple tivese permitido aos desenvolvedores obter o consentimento para a perfilación dos usuarios nunha única solicitude, garantindo ao mesmo tempo un nivel equivalente de protección da privacidade. A decisión supón un novo precedente no control das prácticas das grandes plataformas dixitais no mercado europeo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?