Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta ampliará a Rede CeMIT
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta ampliará a Rede CeMIT

Redacción
Publicado: 22/12/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

251222_prsdncia_cnsllo-2.jpgA Xunta de Galicia pretende ampliar o alcance da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT) coa incorporación de novas aulas, abrindo así a posibilidade de adhesión a máis concellos. Para facilitar este proceso, a Administración autonómica reforzará a colaboración coa FEGAMP mediante a prórroga dun convenio que foi analizado este mércores polo Consello da Xunta e que se prevé asinar nos vindeiros días.
Na actualidade, a Rede CeMIT está integrada por 93 aulas repartidas en 90 concellos, que desenvolven un papel clave na formación e na capacitación dixital da cidadanía galega. Os municipios interesados en sumarse deben dispoñer dun espazo físico destinado á aula e contar cunha persoa encargada da súa xestión e dinamización. Pola súa banda, a Xunta, a través da AMTEGA, asume a dotación do equipamento tecnolóxico necesario e o deseño e subministración dunha parte dos contidos formativos.
A Administración autonómica destina máis dun millón de euros anuais ao mantemento das aulas, ás que proporciona infraestrutura tecnolóxica, un plan de formación e, no caso das aulas de referencia (as que superan determinados limiares de horas de formación ou titorización), tamén apoio mediante subvencións.
As aulas da Rede CeMIT ofrecen principalmente formación en alfabetización e capacitación dixital, con cursos centrados no uso seguro de internet, no manexo de dispositivos móbiles, na administración electrónica ou na banca dixital. Xunto a esta oferta básica, tamén se imparten actividades máis especializadas, como impresión 3D, pilotaxe de drons, programación e robótica, experiencias inmersivas con realidade virtual, xestión da identidade e da pegada dixital nas redes sociais ou o uso de ferramentas baseadas na intelixencia artificial.
Ademais da vertente formativa, estes espazos funcionan como puntos de apoio tecnolóxico para a cidadanía, resolvendo dúbidas e consultas de carácter dixital. Tamén acollen iniciativas complementarias en colaboración con outras entidades, como obradoiros para fomentar as vocacións tecnolóxicas entre a mocidade (con especial atención á participación das nenas), actividades dixitais interxeracionais ou accións específicas en control paterno e banca dixital dirixidas ás persoas maiores.
A programación está aberta a usuarios de todas as idades. O perfil máis habitual corresponde a mulleres de entre 45 e 55 anos, aínda que o número de persoas maiores de 65 anos medrou de forma notable nos últimos anos, ata superar as 19.000 rexistradas. A Rede CeMIT é tamén un espazo de referencia para a obtención do certificado galego de competencias dixitais (ComDiX): en 2024 celebrouse a súa primeira convocatoria, con preto dun milleiro de participantes, e no que vai de ano máis de 3.200 persoas concorreron ás catro convocatorias realizadas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?