Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Román Rodríguez supervisa a construción das pezas para o novo edificio do CESGA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Román Rodríguez supervisa a construción das pezas para o novo edificio do CESGA

Redacción
Publicado: 23/12/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

120251223visitagruporodinhascurtis.jpgO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitou hoxe a empresa Grupo Rodiñas, localizada no concello de Curtis e responsable da fabricación das pezas prefabricadas de formigón do novo edificio do CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia). Durante a visita ás instalacións, guiada por Daniel Hermosilla, CEO de Rodiñas, o titular de Ciencia da Xunta salientou que «coñecer de primeira man o traballo das empresas galegas é moi interesante á hora de contar cos seus servizos nun proxecto que vai supoñer un fito da nosa I+G+i».
A compañía galega está a executar a estrutura prefabricada que serve de soporte a todo o inmoble, así como os materiais necesarios para o seu peche, destinados á UTE Copasa-Dominion, adxudicataria da obra. Rodiñas produce en fábrica pezas de formigón cun deseño adaptado aos retos actuais, o que permite acadar unha calidade superior fronte ás realizadas directamente en obra e, ao tempo, axilizar a montaxe no terreo.
Neste contexto, o representante do Goberno galego subliñou que se trata dun «traballo con marca Galicia Calidade, pois un bo indicador para o conxunto de Galicia é que teñamos unha empresa deste nivel tecnolóxico e que é capaz de afrontar proxectos construtivos de alta calidade e de maneira moi áxil». Román Rodríguez puxo tamén en valor o compromiso da Xunta coa I+G+i coa construción da nova sede do CESGA, que conta cun investimento de 56 millóns de euros, financiado con fondos europeos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, no marco do PERTE Chip, complementados con recursos propios. O edificio, chamado a situar Galicia como referente en tecnoloxías cuánticas, érguese no polígono da Sionlla de Santiago, nunha parcela de máis de 9.100 m², dos que 2.700 m² corresponden ao inmoble e 3.250 m² aos espazos exteriores.
Así mesmo, Román Rodríguez fixo fincapé no papel de empresas como Rodiñas, que amosan o potencial industrial de Galicia e a relevancia de reforzar a I+G+i. «Como país, é moi positivo que teñamos firmas con capacidade de dar resposta aos desafíos do mercado actual e cun alto nivel de especialización e unha gran carga tecnolóxica», engadiu.

Novas capacidades

20251223visitagruporodinhascurtis7.jpgA nova sede do CESGA, cuxa construción foi adxudicada por 13 millóns de euros, aspira a converterse nun referente tanto pola súa funcionalidade como polo seu deseño, incorporando criterios ambientais e de eficiencia enerxética. Para iso, contará cun sistema de climatización adaptado ás necesidades técnicas singulares do centro, instalacións fotovoltaicas e solucións de monitorización e vixilancia, entre outras dotacións.
O inmoble disporá, ademais, de diferentes espazos, como unha sala para aloxar supercomputadores, equipamento e almacenamento, varios laboratorios e salas de experimentación, áreas para reunións e recepción de visitantes, así como almacéns.
O avance das obras vai en paralelo á adquisición dos novos equipamentos tecnolóxicos do CESGA. Dunha banda, un novo computador cuántico, recentemente adxudicado a Telefónica por 9 millóns de euros, que permitirá ampliar as capacidades actuais do centro. Doutra, o supercomputador Finisterrae IV, destinado a achegar potencia adicional para atender necesidades de intelixencia artificial, xunto cun sistema de almacenamento para conservar grandes volumes de datos de forma permanente. Estes dous últimos atópanse actualmente en proceso de licitación, coa previsión de seren adxudicados nas vindeiras semanas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?