Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nova demanda por usar libros pirateados para adestrar sistemas de IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Nova demanda por usar libros pirateados para adestrar sistemas de IA

Redacción
Publicado: 24/12/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

bad_blood_vertical_ddwrumuvaaaazl-.jpgUn grupo de seis autores e xornalistas presentou unha demanda federal nos Estados Unidos contra algunhas das principais compañías do sector da intelixencia artificial, ás que acusa de ter empregado de maneira masiva libros protexidos por dereitos de autor, obtidos a través de bibliotecas pirata, para adestrar e optimizar os seus modelos comerciais de linguaxe.
A demanda, rexistrada no Tribunal de Distrito do Norte de California, sinala directamente a Anthropic, Google, OpenAI, Meta, xAI e Perplexity como responsables dunha suposta infracción sistemática e deliberada da lexislación de propiedade intelectual. Segundo o escrito, estas empresas descargaron copias non autorizadas de obras procedentes de repositorios ilegais como LibGen, Z-Library ou Bibliotik e empregáronas na construción dos seus grandes modelos de linguaxe, hoxe integrados en produtos de amplo uso comercial.
Os demandantes —entre eles John Carreyrou, autor de Bad Blood, o libro que afondou no escándalo da empresa biotecnolóxica Theranos e inspirou a serie The Dropout: Auge y caída de Elizabeth Holmes— sosteñen que os libros constitúen un material de alto valor para o adestramento destes sistemas, ao fornecer estrutura narrativa, estilo, coherencia e capacidade de expresión en textos longos. A demanda subliña que as propias compañías recoñeceron en publicacións técnicas e comunicacións internas que as obras extensas e de calidade son fundamentais para mellorar o rendemento dos modelos.
O escrito xudicial afirma que a infracción produciuse en múltiples fases: primeiro coa descarga dos libros desde fontes pirata e despois coa reprodución reiterada dos contidos durante os procesos de inxestión, preprocesamento, almacenamento e adestramento iterativo dos modelos. Este proceso, segundo os autores, implicaría a creación de múltiples copias non autorizadas de cada obra.
A demanda cualifica a conduta das empresas como voluntaria e consciente, ao entender que eran plenamente sabedoras do carácter ilegal destas bibliotecas, obxecto de actuacións xudiciais e informes oficiais durante anos. A pesar diso, sempre segundo os demandantes, optaron por esta vía para acelerar o desenvolvemento dos seus produtos e reducir custos nun contexto de forte competencia pola hexemonía no mercado da intelixencia artificial.
Os autores rexeitan tramitar o litixio como acción colectiva e optan por reclamacións individuais, co obxectivo de obter indemnizacións estatutarias por cada obra e por cada empresa demandada, que poderían acadar ata 150.000 dólares por infracción en caso de demostrarse a súa intencionalidade. Ademais, solicitan medidas cautelares que impidan o uso futuro das obras e a retirada dos beneficios obtidos mediante estas prácticas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?