Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Aula AMTIC de Ames organiza novos cursos de formación para o primeiro trimestre do 2026
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Aula AMTIC de Ames organiza novos cursos de formación para o primeiro trimestre do 2026

S. P.
Publicado: 26/12/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ames_cursos_xaneiro-marzo.jpg
A Aula AMTIC do Concello de Ames vén de anunciar a convocatoria de catro novos cursos de formación para persoas adultas, así como outros catro para nenos e nenas, para os meses de xaneiro, febreiro e marzo do vindeiro 2026. Competencias dixitais básicas, Creación de web con WordPress, Iniciación ao correo electrónico e Uso básico de Internet serán os obradoiros destinados a usuarios e usuarias adultas, mentres que Iniciación á Informática, Scratch (Intermedio), Mecanografía para nen@s e Programación con placa Micro:bit estarán orientados aos cativos e cativas.
Para persoas adultas
O vindeiro 9 de xaneiro de 2026 arrancarán as formacións para adultos da aula AMTIC co curso Creación de web con WordPress, que se desenvolverá os venres ata o 30 de xaneiro de 17.30 a 19.30 horas. Durante a formación aprenderase a deseñar páxinas, usar modelos, tipografías, cores e demais elementos para rematar coa publicación da web.
En xaneiro desenvolverase de xeito paralelo o curso de Competencias dixitais básicas, de mércores a venres dende o día 14 ata o 30 en horario de 10.00 a 12.00 horas da mañá: unha formación orientada ao uso básico do ordenador e os seus programas principais: xestión de arquivos, navegación pola rede ou comunicación por diferentes canles.
Xa en febreiro chegará a formación específica sobre correo electrónico, os días 5, 6, 12, 13 e 20 de 10.00 a 12.00 horas da mañá. Os usuarios e usuarias deste curso aprenderán a utilizar o correo electrónico dende cero, coa creación da súa conta e posterior xestión da mesma.
No mes de marzo, a Aula AMTIC ofrece un curso de Internet básico os días 4, 5, 11, 12 e 18, no que se ensinará o funcionamento da rede e como poder navegar con seguridade ao buscar información ou almacenar contidos en liña. O curso tamén inclúe módulos para a comunicación en liña mediante correo electrónico, chats e videoconferencias.
Cursos para nenos e nenas
A Aula AMTIC tamén oferta cursos referidos a novas tecnoloxías para os máis pequenos. En xaneiro iniciará o curso de iniciación á informática para nenos e nenas de entre 8 e 13 anos, en horario de 17.30 a 19.30 horas os mércores e xoves 14, 15, 21, 22, 28 e 29 de xaneiro.
En febreiro cursaranse tres formacións: Scracth intermedio para nenos e nenas de 8 a 13 anos os días 5, 6, 12, 13, 19 e 20 de febreiro, de 17.30 a 19.30 horas; Mecanografía para menores de entre 5 e 7 anos os mércores 4, 11, 18 e 25 en horario de 17.30 a 19.30 horas; e Programación con Micro:bit os xoves e venres 5, 6, 12, 13, 19 e 20 de marzo, de 17.30 a 19.30 horas.
Coma sempre, a participación en calquera dos cursos é gratuíta. Para participar é necesario inscribirse enviando cuberto este formulario de inscrición a informatica.milladoiro@gmail.com. Tamén é posible anotarse chamando ao 698 172 347.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?