Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Dous centros da ESO en Zas gañan os premios nacionais a experiencias educativas STEM
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Dous centros da ESO en Zas gañan os premios nacionais a experiencias educativas STEM

Redacción
Publicado: 29/12/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

tecno_clickseguros_peq_0.jpgOs dous centros públicos de Educación Secundaria que a Xunta de Galicia xestiona no concello coruñés de Zas veñen de ser distinguidos nos I Premios Nacionais a Experiencias Educativas que fomentan a competencia dixital do alumnado. Trátase dos proxectos Clics seguros en Zas, coordinado pola docente Lorena Cerdeira no Centro Público Integrado da localidade, e Miño en xogo, desenvolvido polos profesores Fina Paulos e Óscar Rey no IES Maximino Romero de Lema.
Ambas as propostas acadaron o primeiro premio na categoría de elaboración de recursos educativos abertos para alumnado de ESO, unha na modalidade individual e a outra na colectiva, nun certame promovido polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes. As dúas iniciativas xorden, ademais, de distintos programas impulsados polo Goberno galego para reforzar a competencia dixital entre o estudantado.

Contidos
  • Riscos e ameazas na rede e nos dispositivos
  • Uso de intelixencia artificial e radio escolar

Riscos e ameazas na rede e nos dispositivos

clics_seguros_en_zas_creagal.jpgNeste contexto, o proxecto do CPI de Zas nace da aplicación do recurso educativo aberto Sen medo a facer clic, integrado no proxecto cREAgal, a plataforma de contidos educativos en aberto promovida pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Constitúe así un exemplo de adaptación destes materiais, postos á disposición de toda a comunidade educativa galega, á realidade específica dun centro para acadar o máximo aproveitamento.
Clics seguros en Zas persegue concienciar ao alumnado de toda a ESO sobre os riscos e ameazas presentes na rede e nos dispositivos dixitais, promovendo un uso seguro da tecnoloxía. O proxecto tamén fai fincapé nas dificultades asociadas á fenda dixital e foi recoñecido igualmente no II Concurso de iniciativas didácticas sobre Tecnoloxía para o Ben Común, organizado por Enxeñería sen fronteiras.

Uso de intelixencia artificial e radio escolar

premios_educa._fina_paulos_e_oscar_rey_2.jpgPola súa banda, a proposta do IES Maximino Romero de Lema é tamén un recurso educativo aberto baseado nunha experiencia didáctica desenvolvida durante o curso 24/25. Aínda que o proxecto inicial tiña un soporte físico, nun taboleiro de madeira elaborado no propio centro ao abeiro do programa Polos Creativos da Xunta, foi adaptado para se converter nun material aberto, reutilizable e replicable en calquera centro do Estado, con independencia do seu contexto, en liña cos obxectivos de cREAgal.
Miño en xogo propón unha experiencia de gamificación que combina tradición e tecnoloxía para achegar ao alumnado a diversidade, a historia, o patrimonio e a xeografía de Galicia seguindo o curso do río Miño. A iniciativa incorpora o uso da intelixencia artificial e da radio escolar, onde se gravaron as preguntas do xogo, e aborda tamén cuestións como a igualdade de xénero ou o compromiso social. O proxecto foi recoñecido, ademais, co premio Xigante Argalleiro do programa Tech Kids, impulsado pola AMTEGA xunto co Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?