Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis do 91% dos fogares do noso rural teñen contratados servizos de banda larga
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis do 91% dos fogares do noso rural teñen contratados servizos de banda larga

Redacción
Publicado: 29/12/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

osimga_portada-informe-rural_ed2024.jpgO acceso á Internet é xa case total no rural galego entre a poboación de 16 a 54 anos, e máis do 91 % dos fogares destas zonas teñen contratados servizos de banda larga, segundo recolle o informe Galicia Dixital: A modernización tecnolóxica no rural – Edición 2024, feito público hoxe OSIMGA.
Os datos amosan que a conectividade e os usos dixitais continúan avanzando a bo ritmo, estreitando progresivamente a distancia coas áreas urbanas. O documento certifica ese progreso sostido nos concellos rurais de Galicia e analiza aspectos como o equipamento tecnolóxico nos fogares, a contratación da Internet e banda larga, os usos da Rede, o comercio electrónico e a relación dixital coa Administración pública. O estudo apoiase en microdatos da Enquisa Estrutural a Fogares do Instituto Galego de Estatística (IGE) e na clasificación do grao de urbanización conforme á metodoloxía de Eurostat.

Contidos
  • Máis fogares equipados con ordenador e dispositivos
  • A conectividade afírmase como servizo básico
  • Mocidade rural: referencia en comercio electrónico e relación coa Administración

Máis fogares equipados con ordenador e dispositivos

Nos últimos anos, o equipamento informático nos fogares do rural galego medrou de maneira significativa. Segundo o informe, a dispoñibilidade de ordenador (de sobremesa ou portátil) e doutros dispositivos como tablets é cada vez máis frecuente, ata situarse preto dos rexistros das zonas urbanas. Esta evolución confirma o avance da dixitalización no rural, aínda que persisten diferenzas internas que cómpre considerar.

A conectividade afírmase como servizo básico

banda_larga_no_rural_areas.jpgNo ano 2024, a contratación da Internet e banda larga no rural de Galicia consolídase como un servizo esencial e acada máximos históricos. Por primeira vez supera o 91 %, concretamente o 91,9 %. Este incremento achega o rural á media galega, situada no 95,5 %, e reduce de maneira apreciable a fenda coa contorna urbana. Ademais, nos fogares con tres ou máis membros a contratación supera o 98 %, mentres que nos fogares unipersoais descende ata o 78,5 %, o que reflicte unha conectividade amplamente estendida e en continuo crecemento.

Mocidade rural: referencia en comercio electrónico e relación coa Administración

O uso da Internet no rural galego segue a expandirse e consolídase como unha práctica habitual na maioría dos fogares. Non se aprecia fenda de xénero, xa que a porcentaxe de uso é moi similar entre homes e mulleres, lixeiramente superior entre estas últimas (o 90,6 % das mulleres do rural son usuarias da Internet). As diferenzas máis salientables están ligadas á idade. Entre os 16 e os 44 anos, practicamente a totalidade da poboación rural utiliza internet (por riba do 99 %), e no tramo de 45 a 54 anos a cifra continúa sendo moi elevada, cun 97,2 %. A partir dos 55 anos, o uso descende ata o 89,7 % e no grupo de 65 a 74 anos sitúase no 63,6 %, o que confirma que a idade segue a ser o principal factor condicionante no acceso e uso da Rede.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?