Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Rueda anuncia a primeira Estratexia de Innovación Empresarial de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Rueda anuncia a primeira Estratexia de Innovación Empresarial de Galicia

Redacción
Publicado: 29/12/2025
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

251229_pte_eco_consello_rp_dcs_04.jpgO presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Consello acordou iniciar hoxe os trámites para pór en marcha a primeira Estratexia de Innovación Empresarial de Galicia 2026-2028, coa que se prevé mobilizar máis de 400 millóns de euros. A iniciativa busca reforzar a competitividade do tecido produtivo e situar a innovación no centro do desenvolvemento económico da comunidade.
Segundo explicou Rueda, a medida inscríbese na aposta do Goberno galego por impulsar a innovación nas empresas. «Se queremos un tecido produtivo moderno e competitivo, a innovación ten que formar parte indisoluble do seu día a día», subliñou.
O presidente avanzou que a intención é aprobar a estratexia «no primeiro semestre de 2026». Con carácter previo, tal e como detallou a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, celebraranse encontros cos axentes sociais e coas entidades do sector para recoller achegas que permitan consolidar Galicia como unha fábrica de innovación capaz de transformar talento e coñecemento en solucións con impacto real na economía e na sociedade.
O propósito final é converter a innovación nunha práctica cotiá do tecido empresarial galego, afastada de modas ou excepcións. Para iso, a Xunta promoverá a implicación de empresas, centros de coñecemento, clústeres e administracións. «Queremos que se innove máis, se innove mellor e que iso se traduza nunha competitividade sostible e en emprego de calidade», indicou Lorenzana.
Entre os obxectivos figura reforzar a cooperación público-privada e incorporar as pemes aos procesos de transformación nun contexto cada vez máis competitivo e globalizado. A estratexia terá unha atención especial ás pemes, ao considerar que, no escenario actual, a maioría das que non innoven corren o risco de desaparecer.
A folla de ruta 2026-2028 mobilizará «máis de 400 millóns de euros de fondos propios, cun incremento próximo ao 60 % respecto do escenario previo», segundo precisou a conselleira. Este investimento permitirá atraer talento e proxectos tractores, crear espazos de experimentación, activar procesos de innovación e dotar ás empresas de alta tecnoloxía baseada na intelixencia artificial.
Rueda explicou que a estratexia aspira a «incrementar nun 25 % o número de empresas que innovan en Galicia», actualmente máis de 1.750 segundo os últimos datos, así como a elevar o gasto privado ata os 1.500 millóns de euros. Tamén se pretende atraer, reter e mobilizar talento cualificado e fortalecer redes de apoio que acompañen ás empresas.

Contidos
  • Antecedentes: a Área de Innovación Empresarial
  • Catro eixes: retos, estruturación, financiamento e transversalidade

Antecedentes: a Área de Innovación Empresarial

A Estratexia de Innovación Empresarial de Galicia chega tras a creación, en 2024, da Área de Innovación Empresarial no seo da Consellería de Economía e Industria, a través do Igape, co obxectivo de impulsar a innovación como panca esencial da competitividade empresarial.
O Goberno galego considera que a innovación só se consolida cando se traduce en maior produtividade, sustentabilidade, capacidade exportadora e emprego. Por iso, facilitar financiamento ás empresas innovadoras, fomentar a autonomía tecnolóxica, pór a disposición instrumentos públicos e redes de apoio ou atraer e mobilizar talento figuran entre os eixos da estratexia, cuxo borrador deberá estar listo no primeiro trimestre de 2026.

Catro eixes: retos, estruturación, financiamento e transversalidade

251229_pte_eco_consello_rp_dcs_06.jpgA Estratexia artellarase arredor de catro grandes eixes (Retos empresa innovadora, Estruturación, Financiamento e Transversalidade), que incorporarán diferentes modalidades de apoio. No primeiro destacan dous programas: Industria Innova e IA360. O Consello acordou destinar «40 millóns de euros» a estas dúas liñas para «impulsar proxectos de investigación industrial ou implantar ferramentas de intelixencia artificial».
Industria Innova, con 30 millóns de euros, apoiará proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación en procesos e organización nas empresas galegas. Pola súa banda, IA360 (10 millóns de euros) centrarase na industria, con prioridade para proxectos ligados aos sectores estratéxicos de Galicia, e contará con dúas modalidades de axuda: unha para o desenvolvemento de tecnoloxías baseadas en intelixencia artificial e outra para a implantación e aplicación de servizos e solucións comerciais baseadas nesta tecnoloxía.
En 2024, o gasto en innovación empresarial en Galicia acadou os 1.073,6 millóns de euros, cun crecemento anual do 30,4 %, o que supón 17 puntos máis que a media estatal (13 %). Segundo destacou Lorenzana, Galicia «é a cuarta comunidade onde máis aumentou o investimento», uns datos que reflicten o esforzo por incorporar a innovación como panca de crecemento nos procesos produtivos.
Tras o acordo do Consello para iniciar a tramitación da Estratexia de Innovación Empresarial de Galicia 2026-2028, está previsto desenvolver un calendario de reunións que inclúe encontros co Diálogo Social, a constitución dunha Mesa Empresa Innovación e a recollida de achegas de entidades e axentes do ámbito da innovación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?