Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Samsung quere integrar Google Fotos nos seus televisores con IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Samsung quere integrar Google Fotos nos seus televisores con IA

Redacción
Publicado: 29/12/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

samsung-tvs-and-displays-samsung-tvs-google-photos_main1f.jpgSamsung traballa para incorporar Google Fotos á súa gama de televisores con intelixencia artificial, un movemento co que pretende levar á pantalla grande os recordos persoais dos usuarios a partir de 2026. A compañía surcoreana quere ser a primeira en lanzar estas funcións, cun debut inicial centrado na visualización de lembranzas, mentres que as opcións de creación e personalización se despregarán máis adiante ao longo do ano.
A integración permitirá gozar das fotografías almacenadas en Google Fotos directamente no televisor, ofrecendo unha experiencia máis inmersiva para revivir viaxes, afeccións ou momentos cotiáns compartidos cos seres queridos. O obxectivo é facilitar unha redescuberta conxunta dos recordos máis relevantes nun formato amplo e cinematográfico.
Con esta integración as fotografías capturadas nos teléfonos poderanse sincronizar automaticamente cos televisores Samsung, onde explorar lembranzas organizadas por persoas, lugares ou momentos significativos. Ademais, Google Fotos pasará a formar parte do ecosistema Vision AI Companion (VAC) de Samsung, enriquecendo a forma na que os recordos se mostran ao longo do día.
A intención de Samsung é que Google Fotos se integre de maneira natural na experiencia televisiva, con presenza en funcións como Daily+ ou Daily Board, de modo que as imaxes máis relevantes aparezan en momentos contextuais e convenientes. O proceso de configuración será sinxelo, mediante o inicio de sesión coa conta de Google para acceder de inmediato á biblioteca fotográfica.
A folla de ruta contempla tres grandes bloques de funcionalidades. A primeira será Recordos, prevista para comezos de 2026, que amosará historias seleccionadas por persoas, lugares e momentos, cunha exclusividade temporal de seis meses para os televisores Samsung. A finais dese ano chegará Crear con IA, con modelos temáticos baseados en Nano Banana, así como opcións para transformar fotografías en vídeos curtos ou modificar o seu estilo artístico. Tamén se estrearán os Resultados personalizados, con presentacións de diapositivas adaptadas a temas ou contidos concretos, como paisaxes naturais ou cidades emblemáticas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?