Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Meta adquire Manus
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Meta adquire Manus

Redacción
Publicado: 30/12/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

be24830250b19286eda97af3b8f076bc.jpgMeta anunciou a integración de Manus no seu ecosistema co obxectivo de acelerar o desenvolvemento e a adopción de axentes de intelixencia artificial de propósito xeral tanto para usuarios como para empresas. A operación (valorada en máis de 2.000 millóns de dólares segundo fontes consultadas polo The Wall Street Journal) supón a incorporación dunha das plataformas máis avanzadas en axentes autónomos ao conxunto de produtos de Meta, incluído Meta AI, nun movemento orientado a ampliar as capacidades de automatización, análise e execución de tarefas complexas a grande escala.
Manus desenvolveu un axente de intelixencia artificial capaz de executar de maneira autónoma procesos como investigación de mercados, programación ou análise de datos, completando fluxos de traballo de principio a fin sen intervención humana constante. Desde o seu lanzamento, a plataforma procesou máis de 147 billóns de tokens e impulsou a creación de máis de 80 millóns de computadores virtuais, cifras que reflicten un uso intensivo por parte de millóns de usuarios e empresas en todo o mundo.
O servizo de Manus seguirá operando de maneira independente, mantendo a súa oferta de subscrición a través da aplicación e do sitio web propios, ao tempo que se irá integrando progresivamente nos produtos do grupo. A compañía continuará tendo a súa base operativa en Singapur, unha decisión que, segundo as partes, garante continuidade organizativa e estabilidade para os clientes actuais.
Desde Manus salientan que esta integración non implica un cambio no modelo nin na toma de decisións da empresa, senón un reforzo da súa capacidade de crecemento. O seu conselleiro delegado, Xiao Hong, asegurou que a unión con Meta permite apoiar o desenvolvemento do produto «nunha base máis sólida e sustentable», mantendo a filosofía orixinal da compañía e o foco nos usuarios.
A operación tamén supón a incorporación do equipo humano de Manus ao cadro de persoal de Meta, co propósito de impulsar a creación de axentes de propósito xeral tanto en contornos de consumo como empresariais. A estratexia pasa por converter estas tecnoloxías nunha capa de execución fiable, capaz de trasladar os avances en intelixencia artificial a solucións prácticas e escalables no mundo real.
Meta considera que a integración de Manus reforza a súa aposta polos axentes autónomos como unha peza central da próxima etapa da intelixencia artificial aplicada aos negocios. A compañía prevé ampliar progresivamente o alcance desta tecnoloxía a millóns de empresas e a miles de millóns de persoas nas súas plataformas, nun contexto no que a automatización avanzada se perfila como un dos principais motores de transformación dixital nos vindeiros anos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?