Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Alta taxa de ocupación entre os titulados en carreiras STEM tras rematar os estudos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Alta taxa de ocupación entre os titulados en carreiras STEM tras rematar os estudos

Redacción
Publicado: 02/01/2026
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

2025_informe-titulados-stem.jpgOs titulados en carreiras STEM en Galicia acadan unha taxa de ocupación superior ao 92 % nos dous primeiros anos tras rematar os estudos, dous puntos por riba da media das restantes titulacións do Sistema Universitario Galego (SIUG).
Esta taxa incrementouse en 5,6 puntos nos últimos catro anos, segundo recolle o estudo Talento dixital: estudo da traxectoria profesional dos perfís STEM en Galicia, elaborado polo OSIMGA, dependente da AMTEGA, e publicado onte.
O estudo confirma tamén que os titulados nas áreas STEM presentan mellores indicadores de empregabilidade ca media e unha incorporación máis rápida ao mercado laboral. O tempo medio para atopar emprego é de 4,2 meses, fronte aos 6,5 meses doutras titulacións. No caso das enxeñarías tecnolóxicas, este prazo redúcese ata os 2,4 meses.
Máis do 90 % dos titulados en STEM desempeñan funcións acordes ao nivel universitario no seu posto de traballo, unha porcentaxe que ascende ao 94,6 % nas enxeñarías tecnolóxicas. No conxunto das titulacións do SIUG, esta cifra sitúase no 83,7 %.

Contidos
  • Estabilidade laboral
  • Fenda de xénero
  • Demanda de perfís dixitais no sector TIC

Estabilidade laboral

En canto á situación laboral, máis do 80 % dos contratos dos titulados en carreiras STEM son indefinidos cinco anos despois de finalizar os estudos, fronte ao 71,4 % do total de titulados do Sistema Universitario Galego. Esta proporción elévase ao 89,5 % nas titulacións tecnolóxicas e ao 88,4 % nas restantes enxeñarías STEM.
O informe inclúe tamén datos sobre o peso da Formación Profesional nos estudos STEM, cunhas taxas de inserción laboral superiores á media da FP (85,8 %) e cun acceso máis rápido ao primeiro emprego.

Fenda de xénero

A presenza feminina nas titulacións STEM segue a ser minoritaria, cun 35,7 % no ámbito universitario. As maiores desigualdades concéntranse nas enxeñarías e nas tecnoloxías da información. Na Formación Profesional, aínda que 4 de cada dez estudantes optan por esta vía, nas familias profesionais tecnolóxicas só o 12,6 % son mulleres.
Malia as iniciativas postas en marcha para fomentar as vocacións STEM entre as mulleres, o avance é lento, o que pon de manifesto a necesidade de reforzar as políticas educativas e as accións orientadas a dar visibilidade a referentes femininos.

Demanda de perfís dixitais no sector TIC

A pesar de que o Sistema Universitario de Galicia mantén unha proporción estable de estudantes en titulacións STEM (28,2 %), cun crecemento sostido nas áreas tecnolóxicas, e de que a Formación Profesional reforza o seu papel estratéxico, a oferta formativa non chega a cubrir completamente as necesidades do mercado, especialmente nos perfís dixitais e tecnolóxicos emerxentes.
O sector TIC galego continúa a súa expansión, cun aumento sostido do emprego e cunha elevada presenza de profesionais con formación STEM (68,2 %). Con todo, tres de cada catro empresas TIC aseguran ter dificultades para incorporar perfís cualificados, sobre todo en ámbitos como a intelixencia artificial, a ciberseguridade e a análise de datos, unha situación que obriga a intensificar a formación especializada e os programas de actualización continua.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?