Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo leva a Pobra do Brollón os obradoiros dixitais de E para Dixitalizarse Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo leva a Pobra do Brollón os obradoiros dixitais de E para Dixitalizarse Lugo

S. P.
Publicado: 05/01/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

e_para_dixitalizarse_lugo_pobra_do_brollon.jpgA Deputación de Lugo e o Concello de Pobra do Brollón arrincan 2026 con formación tecnolóxica para a veciñanza do rural, materializada a través do programa provincial E para dixitalizarse Lugo. Achegaranse dous cursos formativos a través dos cales as persoas participantes poderán pór a punto a súa capacitación tecnolóxica e as súas habilidades dixitais básicas. Serán dúas actividades presenciais e gratuítas, a celebrar do 12 ao 29 de xaneiro en horario de mañá (de 10.00 a 13.00 horas) na Casa da Cultura Olga Novo.
A primeira cita formativa, O teléfono móbil, primeiros pasos, será os días 12, 13, 14, 15, 16, 19 e 20 de xaneiro. A finalidade é familiarizar ás veciñas e veciños no emprego básico do teléfono móbil (como configurar o dispositivo, utilizar aplicacións de uso cotián como a mensaxería instantánea, redes sociais ou mapas, ciberseguridade e medidas de protección para garantir un uso saudable e protexido dos trebellos).
O segundo obradoiro, Sinatura dixital/ Ch@ve 365/ Certificados varios. Aplicacións do SERGAS, Facenda. Actuar ante as administracións públicas, sede electrónica levarase a cabo os días 21, 22, 23, 26, 27, 28 e 29 de xaneiro. O obxectivo é que “as persoas participantes aprendan, dun xeito sinxelo e práctico, a desenvolverse no contorno dixital das administracións públicas”.
Cada curso ten 12 prazas e as inscricións cómpre formalizalas na web de E para Dixitalizarse Lugo ou na páxina municipal de Pobra do Brollón.
Ante calquera dúbida cómpre contactar coas oficinas de Servizos Sociais do Concello da Pobra do Brollón no teléfono 982 430 447.
O programa E para Dixitalizarse de Lugo ten como obxectivo “achegar as novas tecnoloxías á veciñanza, reducir a fenda dixital e fomentar a inclusión no territorio”. O proxecto está financiado con fondos europeos captados pola Deputación ao abeiro do Reto Rural Dixital, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea, e desenvolverase ata o 20 de marzo de 2026.
Estamos ante unha proposta pioneira coa que a institución provincial levará formación en competencias dixitais á veciñanza dos 55 concellos da provincia con menos de 5.000 habitantes, quedando fóra só os municipios máis poboados: Lugo, Monforte de Lemos, Viveiro, Vilalba, Sarria, Foz, Ribadeo, Burela, Chantada, Guitiriz, Outeiro de Rei e Castro de Rei.
A programación inclúe 500 accións formativas centradas nas Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC), e está adaptada a diferentes perfís e idades. A formación abrangue desde o uso de aplicacións móbiles ou a banca electrónica para persoas maiores, ata contidos de informática básica, redes sociais ou ciberseguridade para a mocidade, persoas desempregadas ou emprendedoras. Tamén se ofrecen obradoiros dirixidos a familias sobre os riscos de Internet ou o uso responsable dos dispositivos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Alumnado de Xornalismo da USC verifica debates e contidos das redes durante a campaña electoral do 29N

25/11/2026
Actualidade

O CITIC pon o foco na privacidade dos grupos de mensaxería no seu novo Almorzo TIC Talk

25/11/2026
Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?