Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Starlink ofrece acceso á Rede de balde en Venezuela
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Starlink ofrece acceso á Rede de balde en Venezuela

Redacción
Publicado: 05/01/2026
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

starlink_roam_c_feature5_d.jpgStarlink activou unha medida extraordinaria de apoio á poboación de Venezuela coa prestación de acceso de balde a Internet vía satélite ata o vindeiro 3 de febreiro. A iniciativa busca garantir a conectividade tanto de usuarios activos como daqueles que, por distintos motivos, interromperan o servizo.
Segundo informou a compañía, os clientes activos non precisan realizar ningunha xestión, xa que os créditos correspondentes ao servizo gratuíto están a aplicarse de maneira automática nas súas contas. No caso dos usuarios inactivos (ben por ter o servizo en pausa ou por situacións relacionadas co pagamento), estes créditos tamén se están asignando de forma proactiva, o que lles permite reactivar a conexión durante o período establecido.
starlink_roam_b_install_d-2.jpg Os usuarios poden comprobar a aplicación destes créditos na sección de facturación da súa conta persoal. A empresa subliña que, nesta fase, o obxectivo principal é facilitar a conectividade tanto a clientes novos como existentes para apoiar á cidadanía venezolana.
Starlink indica ademais que as persoas que xa dispoñan dun kit da compañía poden empregar o servizo no país seleccionando un plan Roam, unha modalidade que permite o uso do equipamento en diferentes territorios. A compañía de Elon Musk lembra que continúa a monitorizar a evolución das condicións operativas e os requisitos regulatorios, polo que aínda non existe un calendario definido para a venda local do servizo en Venezuela. Esta medida de Starlink resulta bastante curiosa, xa que o territorio de Venezuela non está afectado por ningunha catástrofe que afectase ás súas infraestruturas de telecomunicacións, e parece ser unha simple pose para amosar o seu apoio á Administración Trump.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026
sergas_sanidade_xunta-2.jpg
Actualidade

Licitado o servizo do soporte técnico das aplicacións informáticas da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?