Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os 5 mellores sistemas de xestión para empresas en 2025
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os 5 mellores sistemas de xestión para empresas en 2025

Redacción
Publicado: 07/01/2026
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

admin-in-server-hub-using-laptop-to-present-manage-2024-06-12-02-27-07-utc.jpgCada empresa ten o seu propio pulso, o que marca o ritmo diario de persoas, tarefas, decisións, relacións que coidar e números que cadrar. Cando a organización medra (máis clientes, máis provedores, máis datos), tamén medra a necesidade de ordenar o traballo e os seus equipos. Os sistemas de xestión son os programas que executan de maneira eficiente este cometido.

Contidos
  • Sistema de xestión de provedores (VMS)
  • ERP (Enterprise Resource Planning)
  • CRM (Customer Relationship Management)
  • Software de xestión de traballo temporal
  • Sistemas de Business Intelligence (BI)

Porén, antes de acumular software de forma excesiva, cómpre saber elixir ferramentas que acompañen, simplifiquen e fagan máis fluída a forma na que a empresa traballa cada día. Para prestar un pouco de axuda neste sentido, preséntanse a continuación os mellores sistemas de xestión para o vindeiro ano segundo usuarios e especialistas.

  1. Sistema de xestión de provedores (VMS)

    Para o conxunto das organizacións, os provedores deberían considerarse como parte esencial do engrenaxe. Todo funciona mentres ese vínculo estea ben organizado. O Sistema de xestión de provedores (VMS) axuda xustamente a ter baixo control con quen se traballa, como se comporta cada provedor e que resultados está a dar.

    Faino de maneira clara:

    • Mantén unha base de datos actualizada

    • Permite comparar provedores con métricas reais

    • Automatiza pedidos, renovacións e aprobacións

    • Facilita auditorías e documentación

    • Reduce riscos e sobrecustos inesperados

    A gran vantaxe é que permite tomar decisións con calma, apoiadas en datos concretos, non en impresións. Para calquera empresa que dependa dunha cadea de subministración estáble, desde loxística ata tecnoloxía ou alimentación, un bo VMS será un elemento de gran valor para traballar con previsión e non estar apagando lumes continuamente.

  2. ERP (Enterprise Resource Planning)

    Adoita chamárselle “o cerebro” da empresa, e non é casualidade. O ERP une todas as áreas nunha soa vista (contabilidade, vendas, compras, inventarios, recursos humanos). Así evítase a típica situación de ter información fragmentada en mil ficheiros diferentes. A sensación de control que achega é real: trabállase con datos actualizados e decisións máis seguras. Ademais, pode medrar por módulos, o que o fai útil tanto para pemes como para grandes empresas.

  3. CRM (Customer Relationship Management)

    A relación co cliente, do mesmo xeito que coa provedora ou provedor, é un dos activos máis importantes de calquera organización. Un CRM axuda a coidar ese vínculo gardando históricos, lembrando necesidades, permitindo personalizar ofertas e anticipando oportunidades. Con este programa cada interacción convértese nunha aprendizaxe. É unha ferramenta especialmente valiosa para equipos de vendas, márketing e atención ao cliente que precisan traballar de maneira coordinada.

  4. Software de xestión de traballo temporal

    Hai sectores nos que o ritmo sobe e baixa segundo a época, é dicir, en función de campañas, festividades, colleitas, eventos ou picos loxísticos. O software de xestión de traballo temporal axuda a manexar esas variacións sen caos. Permite seleccionar persoal, xestionar contratos, organizar quendas e controlar custos en tempo real. Achega fluidez, evita atrasos e, sobre todo, reduce erros administrativos, algo que a longo prazo se agradece.

  5. Sistemas de Business Intelligence (BI)

    Cando a empresa comeza a xerar moitos datos, necesítase unha maneira clara de interpretalos. Os sistemas BI tradúceno todo en gráficos, paneis e patróns visibles. Axudan a responder preguntas importantes como: que funciona? que mellorar? onde están as oportunidades? etc.

Ao final, elixir o sistema adecuado, ademais de ser unha cuestión tecnolóxica, tamén é unha decisión cultural, xa que apostar por traballar con máis claridade, máis orde e menos estrés implica mellorar a produtividade, os beneficios e aumentar o benestar das traballadoras e traballadores dentro da empresa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?