Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Turismo de Galicia licita un programa de formación dixital para o sector turístico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Turismo de Galicia licita un programa de formación dixital para o sector turístico

Redacción
Publicado: 08/01/2026
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20260108_nplicitacionplanformacionturismo.jpgTurismo de Galicia publicou na plataforma de contratación da Administración autonómica a licitación dun programa de capacitación en competencias dixitais dirixido a persoas traballadoras ou en activo do sector turístico galego. O contrato conta cun orzamento de preto de 2,5 millóns de euros e as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 9 de febreiro.
A través desta iniciativa está prevista a formación de 789 persoas de entre 16 e 65 anos, mediante modalidade en liña a través dunha plataforma dixital específica. O contrato inclúe a xestión integral dos cursos, o seu seguimento e a elaboración dos materiais didácticos, así como a disposición do persoal necesario para garantir o correcto desenvolvemento das accións formativas.
O programa estrutúrase en dous tipos de formación. Por unha banda, impartirase capacitación en competencias dixitais básicas, cun total de 7,5 horas por persoa, abordando contidos como a identificación de perigos e ameazas en liña, a privacidade, a protección básica de datos e contidos ou a prevención de riscos. O obxectivo é facilitar un uso seguro e confiable das ferramentas dixitais no traballo cotián, especialmente nas comunicacións, na procura de información e nas relacións coas administracións públicas.
Por outra banda, ofrecerase formación en competencias dixitais avanzadas, tamén cunha duración de 7,5 horas por participante, orientada a un uso máis complexo das tecnoloxías. Neste bloque inclúense accións relacionadas coa análise dos riscos na rede, o manexo de ferramentas de comunicación audiovisual e de traballo colaborativo, así como o uso de servizos dixitais para a cidadanía e da administración electrónica.
Este programa formativo enmárcase na estratexia de actuación da Xunta de Galicia para o sector turístico ao longo de 2026. No seu conxunto, o Goberno galego prevé destinar máis de 125 millóns de euros este ano a consolidar o crecemento do turismo, impulsando a súa modernización e profesionalización mediante medidas como a formación continuada.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?