Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: “Orgullo” polos tres docentes premiados polo seu traballo STEM no rural
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

“Orgullo” polos tres docentes premiados polo seu traballo STEM no rural

Redacción
Publicado: 09/01/2026
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20260109iesmaximinoromerodelemaz2.jpgO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, puxo hoxe en valor o “orgullo” que representan os docentes Lorena Cerdeira, Fina Paulos e Óscar Rey polo seu labor diario como “referentes da profesionalidade ao servizo da calidade do sistema educativo galego, especialmente no rural e nun ámbito tan sensible como o das novas tecnoloxías”.
Durante unha visita ao Concello de Zas, onde os tres exercen a docencia, o responsable de Educación trasladoulles persoalmente os parabéns en nome da Xunta de Galicia e do conxunto da comunidade escolar tras seren recoñecidos cos I Premios Nacionais a Experiencias Educativas que promoven no alumnado as competencias dixitais e STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas).
Román Rodríguez, acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, salientou que o liderado do ensino galego en resultados en ciencias ou en equidade e igualdade de oportunidades, avalado por estudos comparativos de ámbito internacional e estatal, “non é froito da casualidade”, senón do “esforzo, da implicación e do bo facer” do profesorado no día a día das aulas, do que “Lorena, Fina e Óscar son un exemplo no que mirarnos”.

I Premios Nacionais

20260109iesmaximinoromerodelemaz.jpgOs galardóns distinguiron os proxectos Clics seguros en Zas, coordinado por Lorena Cerdeira desde o Centro Público Integrado de Zas, e Miño en xogo, desenvolvido polos docentes Fina Paulos e Óscar Rey no Instituto Maximino Romero de Lema.
Ambas as iniciativas obtiveron o primeiro premio na categoría de elaboración de recursos educativos abertos para alumnado de ESO (unha na modalidade individual e outra na de grupo), convocada polo Ministerio de Educación, FP e Deportes. Os proxectos derivan de programas impulsados pola Xunta para reforzar a competencia dixital do estudantado, en particular do proxecto cREAgal, a plataforma de contidos educativos en aberto da Consellería, e dos Polos Creativos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?