Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Sanción de 14 millóns de euros a Cloudflare en Italia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Sanción de 14 millóns de euros a Cloudflare en Italia

Redacción
Publicado: 09/01/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

A Autoridade para as Garantías nas Comunicacións de Italia (Agcom) impuxo unha sanción de 14.247.698,56 euros á empresa Cloudflare Inc. por non cumprir unha orde destinada a frear a difusión de contidos piratas. A decisión foi adoptada polo Consello da Autoridade na sesión do 29 de decembro de 2025 —co voto contrario da comisaria Elisa Giomi— e notificouse este 8 de xaneiro (deliberación número 333/25/CONS).
O procedemento sancionador deriva do incumprimento da orde ditada o 18 de febreiro de 2025 (deliberación número 49/25/CONS), pola que a Agcom requirira a Cloudflare que desactivase o acceso a unha serie de contidos difundidos ilegalmente, en aplicación do previsto na Lei antipirataría 93/2023. En concreto, solicitárase á compañía, na súa condición de prestadora de servizos da sociedade da información implicada na accesibilidade de contidos ilícitos, que procedese á desactivación da resolución DNS de nomes de dominio e do encamiñamento do tráfico cara aos enderezos IP sinalados polos titulares de dereitos a través da plataforma Piracy Shield, ou que adoptase medidas tecnolóxicas e organizativas equivalentes para impedir o acceso aos usuarios finais.
Segundo a Autoridade, mesmo despois de recibir a notificación da orde, Cloudflare continuou sen aplicar ningunha medida efectiva para evitar o uso dos seus servizos na difusión de obras protexidas. A normativa prevé sancións de ata o 2 % da facturación do último exercicio pechado con anterioridade á notificación da infracción cando se trata do incumprimento de ordes ditadas no exercicio das funcións de protección do dereito de autor. Neste caso, a multa fixouse no 1 % da facturación global da compañía.
A Agcom subliña a relevancia do expediente tanto polo importe da sanción —unha das primeiras de carácter económico en materia de dereitos de autor— como polo papel que desempeña Cloudflare, xa que unha porcentaxe moi elevada dos sitios obxecto de bloqueo por pirataría empregan os seus servizos para a difusión ilícita de contidos.
Con esta resolución, a Autoridade afirma dar plena aplicación á lei antipirataría, que ampliou de maneira expresa o conxunto de suxeitos obrigados a colaborar na loita contra a pirataría. Entre eles inclúense todos os prestadores de servizos da sociedade da información implicados na accesibilidade de sitios ou servizos ilegais, como provedores de VPN, servizos de DNS de acceso público e xestores de motores de busca, con independencia do seu lugar de residencia ou localización.
Dende Cloudflare argumentaban que a implantación do sistema de filtrado de DNS que a autoridade italiana esixía era unha medida desproporcionada, irracional e que na práctica non podía aplicarse, xa que realizar a comprobación nas 200.000 millóns de consultas que o sistema de DNS de Cloudflare recibe ao día suporía unha carga tan elevada que dispararía a latencia, tendo un impacto negativo para os usuarios lexítimos repartidos por todo o mundo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?