Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta mellora a accesibilidade á información de Galiciana
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta mellora a accesibilidade á información de Galiciana

Redacción
Publicado: 12/01/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

260112_pte_consello_reunion_dcs_03.jpgA Xunta de Galicia avanza na dixitalización e posta en valor do patrimonio cultural galego coa incorporación de novas ferramentas en Galiciana Patrimonio Dixital de Galicia, a plataforma pública destinada a facilitar o acceso á documentación cultural, bibliográfica e arquivística da comunidade. A iniciativa foi presentada hoxe no Consello da Xunta, no que se avaliou o informe Memoria dixital de Galicia. Galiciana Semántica.
Tal e como se desprende do documento, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude colabora coa AMTEGA na creación de dous novos espazos temáticos de difusión, concibidos para mellorar a accesibilidade á información e ofrecer contidos organizados arredor de grandes bloques documentais. Estes espazos permitirán consultar máis de 800 cabeceiras de prensa histórica e máis de 40.000 documentos vinculados con episodios clave da historia contemporánea.
galiciana_bibliote_captura.jpg O primeiro dos ámbitos reforza a hemeroteca de Galiciana, que pasa a configurarse como un espazo de consulta máis dinámico e interconectado. Nel poderá accederse a máis de 800 cabeceiras publicadas desde o ano 1800 ata a actualidade, cun conxunto de fondos que suma preto de dous millóns e medio de imaxes, moitas delas con busca por texto completo.
O segundo espazo artéllase arredor dun micrositio aloxado no Arquivo Dixital de Galicia e facilita o acceso a documentación relacionada con episodios históricos como o Golpe de Estado, a Guerra Civil, a ditadura franquista ou o proceso cara á democracia e a Constitución española. En total, inclúense 42.106 documentos que reúnen máis de 1,6 millóns de imaxes, co obxectivo de promover o coñecemento histórico, facilitar a consulta cidadá e contribuír á preservación do patrimonio documental.
Estas melloras complétanse coa incorporación dun grafo de coñecemento, un modelo de representación da información que permitirá realizar consultas máis expresivas e próximas á linguaxe natural. Esta ferramenta, integrada no motor de busca, está orientada a mellorar a experiencia de navegación mediante a conexión e organización dos distintos elementos dispoñibles na plataforma.
O conxunto destas actuacións inscríbese na iniciativa Memoria dixital de Galicia, impulsada polo Goberno galego no ano 2016 para garantir un acceso fácil e universal ao patrimonio cultural. A súa evolución senta as bases dunha xestión máis accesible e interrogable da información, abrindo novas oportunidades para a investigación, a educación e o aproveitamento social do patrimonio cultural galego.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026
sergas_sanidade_xunta-2.jpg
Actualidade

Licitado o servizo do soporte técnico das aplicacións informáticas da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?