Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cátedra Aldaba-WIB convoca un certame escolar de vídeos centrados na promoción da muller no eido TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cátedra Aldaba-WIB convoca un certame escolar de vídeos centrados na promoción da muller no eido TIC

S. P.
Publicado: 15/01/2026
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

concurso_de_videos_igualdade_aldaba_uvigo_videosaldaba.jpgA Cátedra Interuniversitaria Aldaba-WIB: Women, ICT & Business, creada pola empresa Aldaba e as universidades da Coruña e Vigo, convoca a primeira edición do certame Vídeos pola Igualdade. Nel convídase ao alumnado de primeiro ciclo de Educación Secundaria Obrigatoria a presentar pezas audiovisuais que contribúan a rachar os estereotipos de xénero no eido TIC (siglas de Tecnoloxías da Información e a Comunicación) e a apostar por un futuro tecnolóxico máis igualitario.
Este I Premio da Cátedra Aldaba-WIB ao mellor vídeo en materia de promoción da participación da muller no desenvolvemento das TIC busca “axudar a espertar o interese da poboación feminina cara este ámbito tecnolóxico e profesional”.
Os traballos poderán ser presentados por calquera centro educativo situado en Galicia e deberán estar realizados por colectivos de estudantes de 1º ou 2º curso da ESO. Cada centro poderá presentar todos os traballos con distintos colectivos de estudantes que considere oportuno, sempre que cumpran cos requisitos establecidos na convocatoria.
As contribucións que se presenten deberán ser vídeos inéditos e curtos (máximo de tres minutos de duración), orientados ao seu uso en redes sociais.
O contido do vídeo debe promover a equidade entre homes e mulleres no mundo profesional e laboral das TIC (elección de estudos, acceso á tecnoloxía, uso axeitado das redes sociais, etc.). Tamén poderán abordarse temas como a análise das expectativas e dos plans de futuro das mozas en relación coas TIC e o recoñecemento dos estereotipos de xénero neste eido.
O proceso de valoración será levado a cabo por un xurado formado polas integrantes da dirección da Cátedra Aldaba-WIB. O xurado terá en conta varios criterios para a selección do vídeo gañador. Entre eles están a orixinalidade (a creatividade do enfoque utilizado e os recursos empregados, como imaxes, texto, guión, etc.) e a mensaxe (valorarase a súa relevancia e o seu reflexo da realidade existente en canto á falta de vocación feminina no ámbito TIC e a súa capacidade para fomentar esas vocacións). Tamén es puntuarán aspectos como a realización (a calidade do traballo á hora de plasmar a idea empregando o formato, as ferramentas e os recursos apropiados, así como a capacidade de síntese, dinamismo e uso da linguaxe) e a igualdade (o uso de linguaxe inclusiva e dunha perspectiva integradora).
A peza que obteña a mellor valoración será a gañadora do concurso. De forma excepcional, e no caso de producirse un empate, poderán declararse dous traballos gañadores. Todas as solicitudes deberán enviarse antes do 25 de marzo ás 23.59 horas CET. A dotación do premio é de 1000 euros, que se destinará á compra de libros e/ou material informático, a decisión do centro. Realizarase un evento de presentación do vídeo, así como de entrega formal do premio, na sede do centro galardoado, nunha data próxima ao Día Internacional das Nenas nas TIC, que se celebra o 23 de abril.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?