Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A exposición Mundo Expandido chegará á Cidade da Cultura en febreiro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A exposición Mundo Expandido chegará á Cidade da Cultura en febreiro

Redacción
Publicado: 19/01/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

iml_1186.jpgA Xunta de Galicia e a Fundación Telefónica exhiben desde febreiro no Museo Centro Gaiás a exposición Mundo expandido. Entre o físico e o virtual, unha proposta que convida a reflexionar sobre os límites entre a realidade material e a simulación dixital, explorando a pulsión humana por crear e habitar mundos virtuais.
A través dun percorrido por máis de 80 pezas, a mostra reúne instalacións inmersivas, videoxogos, aplicacións de realidade aumentada e obras de artistas nacionais e internacionais. O itinerario complétase con obxectos históricos dos séculos XVIII e XIX que xa experimentaban coa tridimensionalidade, como a caixa óptica, o diorama ou os visores estereoscópicos.
iml_0571.jpg Mundo expandido propón afondar no impacto da creación de mundos e avatares virtuais e nas súas implicacións éticas, filosóficas, legais, sociais e económicas. A globalización, a hipervixilancia, a desigualdade, as identidades dixitais ou a organización social e os códigos de conduta nas comunidades virtuais son algúns dos temas de plena actualidade que atravesan unha exposición centrada nunha sociedade situada entre o real e o virtual.
Trátase dun proxecto da Fundación Telefónica que se puido ver inicialmente na súa sede en Madrid entre novembro de 2023 e maio de 2024, e que posteriormente itinerou ao Perú, con exhibición no Museo de Arte de Lima entre xuño e novembro de 2024. A súa chegada ao Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura supón a primeira itinerancia en España desta mostra.

Programación da Cidade da Cultura en 2026

iml_1054.jpgMundo expandido. Entre o físico e o virtual inaugúrase no Gaiás o vindeiro 4 de febreiro e constitúe a primeira gran novidade expositiva do Museo Centro Gaiás en 2026. A exposición poderá visitarse con entrada de balde ata o 30 de agosto e contará cun programa de visitas guiadas e actividades didácticas, especialmente dirixidas ao alumnado galego, para abordar os contidos desde unha perspectiva adaptada aos currículos escolares.
Así mesmo, no marco do programa Gaiás Inspira, desenvolverase unha programación específica de actividades lúdicas e divulgativas, tanto para público adulto como infantil e xuvenil, concibidas para facer das salas do Museo un espazo vivo, aberto á participación e á aprendizaxe compartida.
Mundo expandido. Entre o físico e o virtual inscríbese na liña de traballo da Cidade da Cultura arredor da tecnoloxía e das artes dixitais, un ámbito prioritario da programación cultural do Gaiás no que tamén se integra a creación do primeiro Centro de Artes Dixitais de Galicia, infraestrutura que iniciará a súa actividade na segunda metade deste mesmo ano.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?