Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: IA feita na casa: Ayco impulsa a dixitalización do comercio electrónico desde Vigo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

IA feita na casa: Ayco impulsa a dixitalización do comercio electrónico desde Vigo

S. P.
Publicado: 20/01/2026
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

bnnr-cies-ayco.jpgA intelixencia artificial xa non é unha promesa futurista nin algo reservado a grandes multinacionais tecnolóxicas. Desde Vigo, unha empresa local leva anos demostrando que a innovación tamén se constrúe desde o territorio, con coñecemento propio e solucións reais para as empresas. Ese é o caso de Ayco Internet, compañía galega especializada en desenvolvemento tecnolóxico e solucións dixitais avanzadas, que recentemente puxo en marcha un ambicioso proxecto de intelixencia artificial aplicado ao comercio electrónico grazas a unha axuda pública á innovación.
O proxecto, denominado CIES (Commerce Intelligence & Enrichment System), nace cun obxectivo moi concreto: automatizar a creación de fichas de produto para tendas en liña, unha das tarefas máis críticas (e custosas) para calquera comercio dixital. Detrás de cada produto que vemos nunha web hai horas de traballo recompilando información técnica, redactando descricións comerciais, buscando imaxes axeitadas, verificando normativas ou comparando coa competencia. CIES utiliza algoritmos de IA para realizar todo ese proceso de forma automática, con fiabilidade e con marxe de flexibilidade e adaptación.
Grazas a esta solución, abonda con introducir unha referencia ou un código EAN para que o sistema sexa capaz de identificar o produto, recompilar información de fontes oficiais, xerar textos optimizados para a venda en liña, obter imaxes válidas do fabricante, incorporar etiquetas enerxéticas europeas e analizar produtos similares do mercado. Todo iso cun enfoque práctico, pensado para integrarse directamente en plataformas reais de comercio electrónico.
Este proxecto foi posible grazas a unha subvención pública convocada por Instituto Galego de Promoción Económica, IGAPE, dentro do programa IG408M – Intelixencia Artificial IA360 que cobre parte do investimento necesario, permitindo a Ayco acelerar o desenvolvemento tecnolóxico e levar a solución desde unha contorna de probas avanzado ata a súa validación en escenarios reais de uso. Para o encaixe e tramitación desta actuación na liña de axudas indicada, Ayco Internet dispuxo do apoio e asesoramento da Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia (INEO)
Ao longo de 2025, un equipo multidisciplinar da empresa estivo traballando na evolución desta ferramenta, apostando por tecnoloxías de código aberto e por unha arquitectura modular que garanta a súa adaptación a distintos sectores e tamaños de empresa.
Máis aló do proxecto concreto, CIES é tamén un reflexo do ADN de Ayco. Con sede en Vigo e unha traxectoria consolidada, a empresa dá forma a solucións a medida en ámbitos como o desenvolvemento web avanzado, o comercio electrónico, a automatización de procesos, a integración de sistemas, os sistemas de xestión de dispositivos móbiles (MDM) e a intelixencia artificial aplicada. A súa filosofía baséase en acompañar ás empresas na súa transformación dixital con solucións reais, útiles e respectuosas co medio, afastadas de modas pasaxeiras.
Nun contexto no que a dixitalización é clave para a competitividade do tecido empresarial, especialmente das pemes, proxectos como este demostran que a innovación tecnolóxica tamén se xera a nivel local, con impacto directo na economía e na modernización de sectores tradicionais como o comercio. Ademais, a iniciativa inclúe accións de difusión e divulgación para achegar o coñecemento tecnolóxico a empresas, asociacións e eventos do sector, reforzando o ecosistema dixital galego.
Ayco Internet continúa así apostando por unha tecnoloxía útil, próxima e con impacto real, demostrando que a intelixencia artificial, ben aplicada, non substitúe persoas, senón que lles permite centrarse en tarefas de maior valor. Desde Vigo, e con apoio público, a innovación segue avanzando.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?