Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: PC Componentes nega que roubasen os datos persoais dos seus clientes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

PC Componentes nega que roubasen os datos persoais dos seus clientes

Redacción
Publicado: 21/01/2026
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

pc_componentes_horario.jpgTras a divulgación de informacións que aseguraban que tiñan vulnerado a seguridade dos sistemas da tenda de comercio electrónico PC Componentes, a compañía tivo que responder cun comunicado no que aseguran que non sufriron ningunha incursión nos seus sistemas, desmentindo o suposto roubo masivo de datos de clientes.
Dende PC Componentes aseguran que estamos ante un caso de credential stuffing, ou sexa, que os datos de usuarios corresponden a filtracións doutras compañías, que se reutilizaron para lanzar ataques a outras plataformas.
PC Componentes subliñou que non se produciu ningún acceso ilexítimo ás súas bases de datos nin aos seus sistemas internos. Tamén cualificou de falsa a cifra de 16 millóns de clientes supostamente afectados, ao indicar que o número de contas activas é sensiblemente inferior e que os accesos indebidos detectados foron puntuais e non masivos.
A compañía destacou igualmente que os datos bancarios non se viron comprometidos en ningún caso, xa que a compañía non almacena información de tarxetas. O único dato conservado é un token de seguridade asociado ao pagamento, que non permite visualizar nin utilizar a tarxeta fóra do sistema de pagamento. Ademais, lembrou que os contrasinais dos clientes non se gardan en texto plano, senón mediante códigos cifrados irreversibles (hash), polo que non poden ser reconstruídos.
Como resposta a esta situación, PC Componentes implantou medidas correctivas inmediatas para reforzar a seguridade das contas, como a incorporación dun sistema CAPTCHA no inicio de sesión para frear intentos automatizados, a activación obrigatoria dun segundo factor de autenticación mediante código enviado por correo electrónico e a invalidación de todas as sesións activas, obrigando aos usuarios a volver iniciar sesión baixo as novas condicións de protección.
A plataforma de comercio electrónico avanzou que que enviará comunicacións personalizadas aos clientes que puidesen verse afectados, co obxectivo de explicar a situación con transparencia e ofrecer recomendacións adicionais para protexer as súas contas.

ACTUALIZACIÓN (22-1-2026): A persoa que reivindicou o ataque a PC Componentes está a asegurar publicamente que a compañía mente ao negar a vulneración da súa seguridade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?