Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta desenvolverá un sistema para testar tecnoloxías emerxentes antes do seu uso nos centros educativos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta desenvolverá un sistema para testar tecnoloxías emerxentes antes do seu uso nos centros educativos

Redacción
Publicado: 22/01/2026
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20260122feirainnovacionlondres6.jpgO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, anunciou hoxe en Londres que a Xunta de Galicia porá en marcha un sistema autonómico para testar as tecnoloxías emerxentes antes de seren empregadas nos centros educativos, co obxectivo de avanzar na creación de contornas dixitais seguras nos colexios e institutos. Fíxoo con motivo da súa participación na feira Bett, o principal encontro europeo sobre innovación educativa, que reúne miles de profesionais do ensino, responsables de políticas públicas e empresas tecnolóxicas de todo o mundo.
O titular de Educación cualificou de “moi positiva e proveitosa” a presenza, por primeira vez, dunha delegación galega nesta cita internacional, xa que permite un contacto directo coas principais novidades globais en ferramentas e recursos tecnolóxicos aplicados á educación. Neste sentido, destacou que Galicia está a ser pioneira en iniciativas como a nova Lei de educación dixital, a recente aprobación do Plan de benestar dixital ou o proxecto EdugalIA, orientado a aplicar a intelixencia artificial no sistema educativo para reducir o abandono escolar, entre outros fins. A visita á feira tamén serviu para coñecer experiencias e solucións tecnolóxicas centradas na inclusión, a creatividade e a mellora da aprendizaxe.
No marco do Plan de benestar dixital, Román Rodríguez subliñou a importancia de implicar á industria dixital nunha acción coordinada entre administracións, universidades, centros de investigación e empresas TIC, co fin de promover o benestar dixital da infancia e da mocidade. Neste contexto insírese a creación dun sistema autonómico de análise das tecnoloxías emerxentes que poden empregarse nos centros educativos, que se sumará a outras actuacións como a participación do sector en proxectos de innovación aplicada ou a elaboración dun Código galego de boas prácticas tecnodidácticas.
Segundo explicou o conselleiro, este novo sistema permitirá examinar previamente as tecnoloxías emerxentes para diagnosticar os seus efectos e a súa repercusión no ámbito educativo. Trátase de analizalas, ensaialas e probalas antes da súa implantación xeneralizada, coa finalidade de apoiar o proceso educativo, tendo en conta que a tecnoloxía “non é un fin en si mesma, senón un medio para mellorar a aprendizaxe”.

Contidos
  • Benestar emocional do profesorado
  • Novidades mundiais en innovación educativa

Benestar emocional do profesorado

20260122feirainnovacionlondres3.jpgRomán Rodríguez avanzou tamén que outra das liñas prioritarias do Plan de benestar dixital será o impulso do benestar emocional do profesorado. “É fundamental que os docentes, ademais de contar cos coñecementos necesarios, se sintan cómodos e seguros” nun contexto educativo cada vez máis marcado pola presenza das novas tecnoloxías na aula.
Neste sentido, crearase unha liña de asistencia ao profesorado no marco da futura Oficina de Apoio ao Profesorado. De maneira complementaria, e co obxectivo de optimizar o seu desempeño dixital, habilitarase tamén unha canle específica de apoio no Centro de Innovación Educativa e Dixital.

Novidades mundiais en innovación educativa

20260122feirainnovacionlondres1.jpgA feira Bett, á que o conselleiro asistiu acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, e polos responsables do Centro de Innovación Educativa Dixital, Jorge Regueiro, e do Centro Autonómico de Formación e Innovación, Eva López, reúne en Londres máis de 600 expositores e 400 poñentes de alto nivel, ademais dunha comunidade internacional de asistentes procedentes de máis de 130 países.
Este encontro conecta cada ano ás empresas e startups máis innovadoras con responsables de administracións educativas, institucións universitarias e centros escolares de Europa e Oriente Medio, consolidándose como un foro de referencia no ámbito da innovación educativa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?