Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Corgos destaca a colaboración público-privada como panca para a innovación e a ciberseguridade na automoción galega
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Corgos destaca a colaboración público-privada como panca para a innovación e a ciberseguridade na automoción galega

Redacción
Publicado: 22/01/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ctag_dsc7920.jpgO conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, puxo hoxe en valor a colaboración público-privada no ámbito da innovación como elemento clave para impulsar a competitividade de sectores estratéxicos para Galicia como a automoción. Fíxoo durante a presentación do piloto de ciberseguridade do vehículo autónomo na rede 5G do Campus de Vigo.
Neste contexto, Corgos explicou que esta iniciativa é froito do acordo aprobado pola Xunta para destinar preto de 8,5 millóns de euros á creación dunha rede de laboratorios especializados en ciberseguridade aplicada ao transporte, dos cales a AMTEGA achega arredor do 75 %. Un investimento orientado a reforzar a seguridade e a confianza nun ámbito clave da mobilidade intelixente.
O conselleiro destacou tamén que o desenvolvemento deste vehículo, no que converxen tecnoloxías como o 5G, a intelixencia artificial e a internet das Cousas, exemplifica a aposta da Xunta por unha transformación dixital baseada na especialización tecnolóxica e adaptada ás necesidades do territorio, co obxectivo de mellorar a calidade de vida e xerar riqueza.
ctag_dsc7914.jpgNeste sentido, subliñou que falar de mobilidade intelixente implica necesariamente abordar a ciberseguridade, dado que as ameazas neste ámbito poden ter efectos directos sobre a seguridade viaria, a protección dos datos e a confianza da cidadanía.
“Detrás da consolidación deste logro hai moito traballo e un apoio permanente da Xunta para impulsar a dixitalización e a innovación do sector”, sinalou, lembrando que o primeiro coche autónomo que circulou por España foi fabricado en Galicia e realizou o 23 de novembro de 2025 un percorrido de 600 quilómetros entre Vigo e Madrid.
Durante a súa intervención, Miguel Corgos incidiu en que unha das principais fortalezas da automoción galega é a existencia de empresas presentes en todas as fases da cadea de produción, que configuran un polo de innovación integrado por máis de 200 compañías, así como o papel do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia, con máis de dúas décadas de experiencia no desenvolvemento de solucións avanzadas para a mobilidade. Un ecosistema público-privado que sustenta a expansión dun sector que achega máis do 15 % do PIB galego, cunha facturación anual próxima aos 13.000 millóns de euros e que representa máis do 30 % das exportacións da comunidade.
O conselleiro concluíu reiterando o compromiso da Xunta coa automoción, recollido no Plan director da automoción 2023-2027, dotado cunha achega económica de 185 millóns de euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?