Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O novo plan director do sector TIC vai camiño da súa aprobación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O novo plan director do sector TIC vai camiño da súa aprobación

Redacción
Publicado: 23/01/2026
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

23012026_lorenzanasixtema.jpgA conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, anunciou hoxe que o vindeiro Consello da Xunta aprobará o borrador do plan director do sector TIC, que contará cun orzamento estimado de 60 millóns de euros para os próximos dous anos.
Lorenzana fixo estas declaracións durante unha visita ás instalacións da empresa Sixtema, en Santiago de Compostela, acompañada pola directora do IGAPE, Covadonga Toca. Alí destacou a compañía como exemplo do papel que está a desempeñar o sector TIC na economía galega, un ámbito que, segundo indicou, “leva aumentando moitísimo o seu peso” e que xa pode considerarse un sector industrial propiamente dito.
Segundo lembrou, desde o ano 2020 o sector TIC rexistrou en Galicia un crecemento do 21 por cento, o que se traduciu na incorporación de arredor de 4.000 novos profesionais. Trátase de especialistas en tecnoloxía que están a favorecer unha maior implantación da innovación nas empresas galegas.
23012026_lorenzanasixtema2.jpgA conselleira subliñou a Estratexia de Innovación que está a preparar a Xunta de Galicia, co obxectivo de que, especialmente, as pemes vaian incorporando a tecnoloxía aos seus procesos produtivos, á súa organización interna e ás canles de comercialización. Para avanzar nesa liña, sinalou, resulta fundamental o labor de empresas como Sixtema.
Lorenzana referiuse tamén ao paquete de axudas do Igape publicado no Diario Oficial de Galicia a comezos de ano, cun volume total de 181 millóns de euros. As primeiras liñas que xa teñen aberto o prazo de solicitude son as orientadas á innovación: IGAPE Innova, dotada con 4 millóns de euros; Industria Innova, con 30 millóns de euros; e IA 360, destinada a proxectos de intelixencia artificial, cun orzamento de 10 millóns de euros, unha convocatoria que contou cunha notable acollida o pasado ano.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?