Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta aproba como proxecto industrial estratéxico o futuro CPD de Curtis
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta aproba como proxecto industrial estratéxico o futuro CPD de Curtis

Redacción
Publicado: 26/01/2026
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

260126_pte_consello_reunion_dcs_03.jpgO Consello da Xunta vén de aprobar como proxecto industrial estratéxico o primeiro gran centro de procesamento de datos de Galicia, unha infraestrutura que se localizará no concello coruñés de Curtis e que estará impulsada pola empresa Galicia Green Data Center. A iniciativa mobilizará un investimento de 37 millóns de euros e prevé a creación de emprego tanto na fase de construción como unha vez entre en funcionamento, cun horizonte temporal que sitúa a súa posta en marcha a finais de 2027.
Este é o cuarto proxecto industrial estratéxico que recibe o visto e prace do Goberno galego, sumándose a outras iniciativas xa aprobadas nos ámbitos do metanol verde, a industria pesqueira e a produción de carbón vexetal. Coa súa execución, Galicia contará por primeira vez cunha infraestrutura destas características, pensada para aloxar datos de empresas e institucións da Comunidade Autónoma e para reforzar a soberanía no control da información dixital.
O futuro centro de procesamento de datos localizarase en catro parcelas do polígono industrial Curtis-Teixeiro, cunha superficie total de máis de 40.000 metros cadrados. A instalación contará cun data center TIER III cunha capacidade de ata 15 MW IT, distribuído nun edificio con tres salas independentes, ademais dunha subestación eléctrica transformadora anexa e das correspondentes conexións de subministración eléctrica.
A construción desenvolverase en tres fases. A primeira arrancará no primeiro semestre deste ano e inclúe a urbanización do ámbito, a garita de acceso, o edificio de oficinas e a posta en marcha da primeira sala, cunha potencia inicial de 2 MW, que se ampliará posteriormente ata os 5 MW nesta mesma etapa. No conxunto das fases de construción e funcionamento prevese a creación de 130 empregos directos, aos que se sumarán 45 postos de traballo estables cando o centro entre en operación.
As dúas fases seguintes permitirán completar as salas restantes ata acadar a capacidade total prevista de 15 MW. Segundo destaca a Xunta, esta actuación contribuirá ao impulso das tecnoloxías da información e da comunicación, ao desenvolvemento dun tecido industrial máis competitivo e innovador e á xeración de emprego cualificado, ao tempo que favorece un modelo económico máis sustentable e axuda a afrontar o reto demográfico mediante a atracción e o arraigamento de talento.
Galicia Green Data Center forma parte do grupo internacional Ingenostrum e foi creada en 2024 co obxectivo de promover proxectos de centros de datos sustentables, así como servizos de enxeñaría, intermediación e xestión de financiamento neste ámbito.
Coa aprobación deste proxecto, Galicia suma 18 iniciativas industriais estratéxicas declaradas ou aprobadas, que no seu conxunto supoñen unha mobilización de arredor de 3.000 millóns de euros e a creación de máis de 4.700 postos de traballo. O centro de Curtis intégrase, ademais, no Plan autonómico de impulso e aceleración de proxectos industriais, orientado a facilitar a implantación e ampliación de iniciativas empresariais xeradoras de riqueza na Comunidade Autónoma.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?