Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Avanza a tramitación do Plan director da industria das TIC 2026-2028
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Avanza a tramitación do Plan director da industria das TIC 2026-2028

Redacción
Publicado: 26/01/2026
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

260126_pte_consello_reunion_dcs_06.jpgA Xunta deu conta dos avances na tramitación do Plan director da industria das TIC 2026-2028, unha folla de ruta coa que o Goberno galego pretende consolidar Galicia como referente europeo en dixitalización, facilitar a transición cara a unha economía verde e dixital e impulsar a creación de emprego de calidade nun sector considerado estratéxico para a economía da comunidade.
Tras o seu paso polo Consello da Xunta, o borrador do anteproxecto será remitido aos organismos e axentes que participaron na súa elaboración para que poidan presentar achegas. Así mesmo, solicitaranse os informes preceptivos ao Consello Económico e Social e ao Consello Galego de Economía e Competitividade antes da súa aprobación definitiva.
A industria das TIC representa na actualidade o 2,5 % do produto interior bruto galego e o 2,2 % do emprego, apoiándose nun tecido formado por 3.108 empresas asentadas en Galicia, cunha facturación que superou en 2024 os 3.700 millóns de euros. Desde o ano 2020, o sector rexistrou un crecemento do 21 %, incorporando arredor de 4.000 novos profesionais e elevando as afiliacións á Seguridade Social ata as 23.467 persoas.
Outro dos elementos destacados deste ámbito é a súa elevada participación en programas europeos de investigación, desenvolvemento e innovación, o que sitúa Galicia como a sexta comunidade en emprendemento tecnolóxico, con 229 startups e 15 empresas xa consolidadas como scaleups.
O borrador do Plan director persegue reforzar a modernización e a competitividade do sector mediante a incorporación e o desenvolvemento de tecnoloxías dixitais emerxentes, así como o impulso de novas políticas de innovación e sustentabilidade. O documento estrutúrase arredor de dous obxectivos estratéxicos, seis eixes de actuación e oito ámbitos prioritarios, que inclúen unha serie de medidas aínda pendentes de pechar. Ademais, prevese un sistema de seguimento das accións, que se realizará de forma conxunta co sector e permitirá adaptar ou redefinir o plan nas súas futuras actualizacións.
A elaboración desta folla de ruta foi o resultado dun proceso participativo e colaborativo desenvolvido a través dun convenio co Clúster TIC de Galicia, no que participaron empresas, clústeres e asociacións industriais, centros tecnolóxicos, universidades, colexios profesionais, organizacións sindicais e empresariais, así como a propia Administración pública. A este proceso sumouse unha consulta pública realizada a través do portal de transparencia e goberno aberto, dirixida á cidadanía e ás organizacións máis representativas.
Ademais do sector das TIC, a Xunta ten declarados nove sectores estratéxicos para a economía galega, entre eles a automoción, a construción naval, o forestal, a industria alimentaria, a función loxística, a construción, o metalmecánico e o téxtil e da confección. A elaboración dos plans directores destes ámbitos insírese na estratexia de promoción industrial da Consellería de Economía e Industria e complementa o Plan autonómico de impulso e aceleración de proxectos industriais, co obxectivo de facilitar a transformación do tecido produtivo galego e a xeración de novas oportunidades de negocio e emprego de calidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?