Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña destina máis de 213.000 euros á xestión e dinamización da Rede Provincial de Coworking en 2026
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña destina máis de 213.000 euros á xestión e dinamización da Rede Provincial de Coworking en 2026

S. P.
Publicado: 28/01/2026
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Visita ao centro de coworking da Capela
Visita ao centro de coworking da Capela
A Deputación da Coruña aprobou a concesión definitiva das axudas do programa PEL–Rede Coworking 2026, destinadas a apoiar a xestión, o funcionamento e a dinamización dos espazos que integran a Rede Provincial de Coworking. En total, a institución destina un total de 213.534,29 euros a este programa, que beneficia a 8 concellos e 3 entidades sen ánimo de lucro titulares dos distintos centros distribuídos por toda a provincia. As axudas concedidas oscilan entre os 10.570,29 e os 27.000 euros por entidade, permitindo financiar ata o 50 % dos orzamentos presentados.
Segundo explicou o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, “estes espazos de traballo colaborativo convertéronse en auténticos polos de innovación e oportunidade no territorio, especialmente no rural, ofrecendo ás persoas emprendedoras os recursos e o acompañamento necesarios para transformar ideas en proxectos reais e con futuro”.
As achegas están destinadas a sufragar gastos de funcionamento, persoal técnico especializado e actividades de dinamización, como accións formativas, asesoramento ao emprendemento e organización de eventos, reforzando o papel destes centros como motores de actividade económica e cohesión territorial.
Explicou que “a convocatoria de 2026 supón un reforzo do compromiso da Deputación co emprendemento e cos espazos de traballo colaborativo, cun incremento significativo do investimento respecto ao ano anterior”. Así, o orzamento pasa dos 169.171,08 euros en 2025 aos 213.534,29 euros actuais, o que representa un aumento de máis do 26 %.
A Rede Provincial de Coworking foi creada no marco do PEL e iniciou a súa actividade en 2019 coa apertura do primeiro espazo no Pazo de Arenaza, en Oleiros. Dende entón, a rede non deixou de medrar ata contar hoxe con 12 centros activos.
“Falamos dunha rede única en Galicia, pensada para dar resposta ás necesidades reais de cada territorio, con espazos especializados nos sectores estratéxicos de cada comarca”, sinalou o presidente provincial, quen subliñou que “a maioría destes centros están situados no rural e prestan servizos con alcance supramunicipal, reforzando a igualdade de oportunidades entre concellos”.
Ata o momento, máis de 600 persoas emprendedoras ou pequenos produtores da provincia empregaron as instalacións da Rede para poñer en marcha proxectos empresariais ou para a transformación de produtos do sector primario. A día de hoxe, os 12 centros de traballo colaborativo apoian a 134 proxectos de emprendemento.
Na actualidade, a Rede está integrada por nove espazos de coworking: o Pazo de Arenaza (Oleiros), o LAB Barbanza con viveiro de empresas (Boiro), o Espazo A Proa (Ames), o coworking da Capela, o Centro de Emprendemento A Estación (Vedra), o Green Coworking (As Pontes), o Coworking A Pobra, o coworking Dixital CCompostela (Santiago) e a Casa do Pescador (Miño); así como por tres centros de transformación agroalimentaria: Transformando en Brión, o Centro de Transformación Agroalimentaria A Fusquenlla (Moeche) e o Centro de Transformación de Alimentos de Baroña (Porto do Son), especializados na transformación de produtos agrícolas, cárnicos, moluscos e peixes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?