Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta e Vodafone levan cobertura móbil e datos a 210 núcleos rurais illados
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta e Vodafone levan cobertura móbil e datos a 210 núcleos rurais illados

Redacción
Publicado: 28/01/2026
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

260128_pte_leiro_dcs_08.jpgA Xunta de Galicia, a través da AMTEGA, e Vodafone España están a desenvolver un proxecto para ampliar a rede de telefonía móbil en Galicia e dotar de cobertura de voz e Internet a 210 núcleos rurais illados nos que residen máis de 5.000 persoas. A iniciativa dá servizo a 55 concellos e foi aprobada pola Comisión Europea, convertendo Galicia na primeira comunidade autónoma en contar cunha liña específica de axudas para a extensión da rede de telefonía móbil.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou durante unha visita á nova torre de telefonía instalada no concello ourensán de Leiro que este proxecto garante o acceso a servizos básicos en todo o territorio. «Imos garantir o acceso aos servizos básicos ata onde permita a técnica e as telecomunicacións son hoxe en día un servizo fundamental», subliñou.
260128_pte_leiro_dcs_02.jpg A infraestrutura visitada permite ofrecer cobertura a 104 veciños dos núcleos de Paredes e Sá. No conxunto do proxecto, o investimento ascende a 10,6 millóns de euros, destinados á construción de 68 torres en 48 concellos e á execución das acometidas eléctricas necesarias para achegar o servizo á cidadanía. Estas actuacións melloran a cobertura móbil en 210 núcleos rurais repartidos polas catro provincias galegas.
Pola súa banda, o conselleiro delegado de Vodafone España, José Miguel García, sinalou que «esta despregadura permite dar cobertura de voz e datos por primeira vez a moitos núcleos en condicións equiparables ás dos contornos urbanos, tanto no interior como no exterior das vivendas», e asegurou que a mellora da conectividade contribuirá a impulsar a actividade económica local e a calidade de vida da poboación.
Grazas a esta despregadura, os usuarios poden acceder a servizos de banda larga móbil de alta calidade tanto no interior como no exterior das súas casas, incluíndo estradas e camiños de acceso. As chamadas de voz tamén melloran coa tecnoloxía VoLTE, sendo este un dos obxectivos centrais do proxecto. En moitas destas zonas rurais illadas trátase da primeira vez que dispoñen de cobertura móbil.
A actuación enmárcase no proxecto PR608A (Extensión de redes de telefonía móbil en núcleos rurais e illados), adxudicado pola Xunta a Vodafone en decembro de 2021 para mellorar a cobertura en áreas afastadas dos grandes centros urbanos que non contaban con servizo de ningunha operadora. Vodafone logrou recuperar o 90,2 % do investimento efectuado en equipamento, cun gasto neste ámbito de 2.469.708 euros.
A extensión da rede foi posible grazas á colaboración entre a Xunta de Galicia, a FEGAMP e Vodafone España. Os concellos encargáronse de ceder os terreos e identificar os núcleos con problemas de cobertura, a entidade pública Retegal habilitou as torres necesarias e Vodafone dotou a rede do servizo de telefonía móbil.

O rural, un espazo de oportunidades

260128_pte_leiro_dcs_06.jpgEsta iniciativa forma parte da aposta da Xunta por consolidar o rural galego como un espazo de oportunidades no que vivir, investir e traballar, garantindo a igualdade no acceso aos servizos básicos en todo o territorio. «Isto é construír Galicia. Galicia Calidade tamén é ter servizos básicos en calquera sitio e garantir a igualdade entre os cidadáns», afirmou Rueda, quen salientou que a mellora das telecomunicacións permitirá asentar poboación no rural e aproveitar novas oportunidades, como atraer nómades dixitais.
O presidente lembrou que o Goberno galego leva anos reclamando ao Estado que a telefonía móbil sexa considerada un servizo universal das telecomunicacións. Ante a falta deste recoñecemento, e sendo o Goberno central quen ten as competencias nesta materia, a Xunta solicitou á Comisión Europea permiso para ampliar a rede de telefonía móbil na comunidade e dar resposta aos problemas de cobertura que sufrían moitos veciños de zonas illadas.
A Comisión Europea aprobou esta solicitude e incorporou a iniciativa galega como exemplo para o conxunto da Unión nas Directrices para axudas estatais de redes de banda larga aprobadas no ano 2023. Galicia converteuse así na primeira comunidade en recibir unha liña de axudas europea para ampliar a súa rede de telefonía móbil.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?