Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Google DeepMind impulsa o uso da IA no mundo da animación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Google DeepMind impulsa o uso da IA no mundo da animación

Redacción
Publicado: 28/01/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

g_m6m3kwuaa3pv5.jpgO uso da intelixencia artificial xenerativa provoca un grande rexeitamento por boa parte do colectivo artístico, por ameazar o seu traballo e ser produto dun adestramento carente de ética (pois consideran que o material empregado no adestramento foi roubado), de aí que sexa bastante interesante comprobar a aceptación que terá a curtametraxe Dear Upstairs Neighbors, presentada estes días no festival de Sundance.
A obra, impulsada por Google DeepMind e un equipo de profesionais da animación con experiencia en Pixar e outros estudios de referencia, explora como a xeración de vídeo mediante IA pode integrarse nun proceso creativo sen substituír a mirada artística humana.
A historia segue a Ada, unha moza incapaz de durmir polos ruídos dos seus veciños do piso superior. A medida que a súa imaxinación se desborda, a narración transita da realidade ao delirio, dando pé a escenas expresionistas que serían extremadamente complexas de producir con técnicas tradicionais. A directora Connie He baseouse en experiencias persoais e desenvolveu un storyboard con deseños angulosos, pinturas inspiradas no expresionismo abstracto e unha sucesión de alucinacións visuais que esixían un control creativo moi fino.
Para manter esa visión artística, o equipo tivo que crear capacidades de IA completamente novas. Desenvolvéronse versións personalizadas dos modelos Veo e Imagen, adestradas especificamente coas pinturas e deseños do equipo artístico. Isto permitiu que as xeracións mantivesen coherencia estética e fidelidade aos personaxes, algo que os modelos estándar non podían garantir.
g_m6m3kwuaa3pv5_2.jpg Outro dos avances clave foi o uso de fluxos video‑to‑video, que permiten aos animadores transmitir intencións mediante bosquexos ou animacións preliminares. A IA transformaba ese material en secuencias estilizadas, respectando o movemento e o ritmo definidos polos artistas. Esta aproximación evitou depender unicamente de prompts textuais, insuficientes para capturar matices como a comicidade dun xesto ou o tempo exacto dun corte de cámara.
O proceso non foi automático nin inmediato. Cada plano pasou por múltiples iteracións, con ferramentas que permitían editar zonas concretas dun vídeo sen rexeneralo por completo. A combinación de técnicas tradicionais e modelos de IA deu lugar a un fluxo de traballo híbrido no que artistas e investigadores colaboraron diariamente, afinando tanto a tecnoloxía como a linguaxe visual do filme.
Segundo DeepMind, o proxecto representa unha nova fronteira creativa onde cineastas e IA traballan man a man, non como substitutos senón como socios tecnolóxicos que amplían as posibilidades expresivas.


Tráiler de Dear Upstaris Neighbors

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?