Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta aposta por unha ciberseguridade ao servizo de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta aposta por unha ciberseguridade ao servizo de Galicia

Redacción
Publicado: 29/01/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

_dsc8713.jpgA Xunta defende unha estratexia de ciberseguridade adaptada ás características e necesidades propias de Galicia, en coherencia cos obxectivos marcados pola Estratexia Galicia Dixital 2030. Así o puxo de manifesto este mércores o director da AMTEGA, Damián Rey, durante a apertura do VII Foro Rexional do ISMS Forum, celebrado en Vigo.
No seu relatorio inicial, Rey salientou a importancia de avanzar cara a unha especialización tecnolóxica que permita responder de maneira eficaz ás particularidades do territorio e do seu tecido produtivo. Como exemplo desta liña de traballo, referiuse ao proxecto piloto de ciberseguridade aplicado ao vehículo autónomo que se está a desenvolver en Vigo no marco do programa RETECH, no que a Xunta participa xunto con Cataluña, a Comunidade Valenciana e o Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE). A iniciativa, impulsada polo Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) e a Universidade de Vigo, permite probar de forma práctica solucións de seguridade no ámbito do transporte intelixente, un sector que representa arredor do 15% do PIB galego.
_dsc8720.jpg O foro reuniu ao longo da mañá máis de vinte especialistas que analizaron cuestións clave como a regulación da intelixencia artificial, a automatización de procesos ou o incremento do fraude dixital. Neste contexto, o director da Amtega subliñou o valor da colaboración institucional e público-privada para facer fronte ás ciberameazas, destacando o papel do Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal. Este espazo de cooperación integra, xunto coa propia Axencia, entidades como o INCIBE, o Centro Criptolóxico Nacional, as deputacións provinciais, a FEGAMP e máis de sesenta organizacións do ámbito empresarial, tecnolóxico, investigador e educativo.
Na súa intervención, Damián Rey tamén fixo balance das actuacións impulsadas pola Xunta no eido da formación e da concienciación social. Entre elas mencionou a celebración anual do encontro CIBER.gal na Cidade da Cultura, a existencia de 14 másteres en ciberseguridade no sistema educativo galego, os 249 obradoiros desenvolvidos no pasado curso con máis de 6.500 estudantes participantes, así como campañas divulgativas como Consellos de CiberEsther, realizadas en colaboración coa TVG e con millóns de visualizacións acumuladas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?