Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta incorporará algoritmos de IA para a análise de imaxes clínicas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta incorporará algoritmos de IA para a análise de imaxes clínicas

Redacción
Publicado: 29/01/2026
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20260129_parlamento_secretaria_xeral_tecnica_sanidade2.jpgA secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade, Natalia Lobato, explicou esta mañá no Parlamento de Galicia as principais liñas de actuación da Estratexia de dixitalización do Servizo Galego de Saúde, entre as que destacou a incorporación de algoritmos de intelixencia artificial para apoiar a análise de preto de 1,8 millóns de imaxes clínicas ao longo de 2026.
Segundo indicou, o departamento sanitario da Xunta prevé analizar anualmente arredor de 1,5 millóns de radiografías de tórax, 150.000 imaxes procedentes de cribados citolóxicos, 100.000 imaxes oftalmolóxicas e preto de 40.000 imaxes destinadas á detección dos cancros de mama e de próstata. A día de hoxe, o Servizo Galego de Saúde xa procesou máis de 1 millón de imaxes médicas mediante intelixencia artificial nos ámbitos de urxencias e de atención primaria, fundamentalmente de tórax e musculoesqueléticas.
No marco da Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego, Lobato detallou algunhas das iniciativas que o Executivo galego desenvolverá durante o presente ano no ámbito da dixitalización sanitaria, cunha estratexia orientada a avanzar cara a unha sanidade máis conectada e accesible, facilitando a relación dixital dos cidadáns coa Administración e mellorando a eficiencia dos procesos asistenciais.
Entre os proxectos previstos para 2026, salientou a consolidación e implantación total da historia clínica electrónica IANUS 5, que a finais de ano estará dispoñible para o 100 % dos profesionais do Servizo Galego de Saúde e dos centros sociosanitarios da comunidade. Así mesmo, a Consellería de Sanidade desenvolverá un novo algoritmo para a detección da diabetes nas súas diferentes fases, que permitirá rexistrar e clasificar máis de 15.000 pacientes con esta patoloxía.
Outro dos obxectivos para este exercicio é completar a dixitalización do 100 % dos quirófanos dos hospitais públicos galegos, así como dos servizos de Anatomía Patolóxica. Neste ámbito, prevese dixitalizar a totalidade das biopsias e autopsias realizadas nos centros sanitarios, o que suporá arredor de 1,4 millóns de cristais dixitalizados cada ano.
A Estratexia de dixitalización tamén pon o foco no paciente, coa posta en marcha dun asistente virtual baseado en intelixencia artificial xenerativa na aplicación Sergas Móbil, capaz de resolver dúbidas habituais, e co desenvolvemento dun sistema de acompañamento en tempo real para seguir o fluxo asistencial en urxencias e hospitalización.
No apartado de cifras, Lobato subliñou que a dixitalización e a conectividade do sistema sanitario público galego sitúano nunha posición destacada a nivel estatal e europeo, grazas a ferramentas como IANUS 5, Sergas Móbil ou a Plataforma de Teleasistencia Domiciliaria TELEA. Actualmente, uns 26.000 profesionais acceden diariamente á historia clínica electrónica, o que se traduce en preto de 60 millóns de accesos anuais, 58 millóns de anotacións clínicas e arredor de 80 millóns de receitas rexistradas cada ano.
O uso de Sergas Móbil continúa medrando de forma sostida: o número de usuarios que accederon á aplicación nalgún momento pasou de 1.636.834 en 2021 a 2.338.181 en 2025, mentres que os usuarios rexistrados en E-saúde incrementáronse de 960.894 a 1.478.800 no mesmo período. Pola súa banda, as citas de atención primaria xestionadas por canles dixitais aumentaron de 2.301.637 en 2021 a 9.394.907 en 2025, pasando do 13 % ao 28 % do total.
Finalmente, a evolución da plataforma TELEA reflicte tamén un forte crecemento, ao pasar dos 3.405 procesos de teleseguemento en 2021 aos 22.001 en 2025, e ao incrementar o número de biomedidas rexistradas de 221.633 a máis de 138 millóns no mesmo intervalo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?