Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Project Genie permite xerar mundos interactivos con IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Project Genie permite xerar mundos interactivos con IA

Redacción
Publicado: 30/01/2026
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

genie.jpgGoogle DeepMind deu un novo paso na súa carreira por desenvolver modelos de mundo capaces de simular contornos dinámicos e coherentes con Project Genie, un prototipo experimental dispoñible para subscritores de Google AI Ultra nos Estados Unidos, que permite crear e explorar mundos interactivos xerados en tempo real.
Project Genie funciona como unha aplicación web que combina Genie 3 con outras tecnoloxías da casa, como Nano Banana Pro e Gemini. O obxectivo é que os usuarios poidan experimentar directamente co potencial dos modelos de mundo: desde debuxar escenarios a partir de texto ou imaxes ata moverse por eles mentres o sistema xera o camiño e as interaccións ao instante. A ferramenta tamén permite modificar mundos existentes, explorar creacións doutros usuarios e descargar vídeos das sesións de exploración.
genie_screenshot3.jpg A tecnoloxía detrás de Genie 3 destaca pola súa capacidade para predicir a evolución dun entorno e simular física e interaccións con consistencia, algo que DeepMind considera esencial no camiño cara a sistemas de intelixencia artificial máis xerais. A compañía sinala que o modelo pode adaptarse a ámbitos tan diversos como a robótica, a animación, a ficción interactiva ou a recreación de escenarios históricos. A diferenza doutras experiencias baseadas en imaxes estáticas, Genie 3 xera o mundo en tempo real a medida que o usuario avanza, o que abre a porta a aplicacións máis inmersivas e flexibles.
genie_screenshot1.jpg Aínda así, Google recoñece que o prototipo presenta limitacións propias dunha tecnoloxía en fase temperá: mundos que non sempre se axustan ás indicacións, física imperfecta, personaxes difíciles de controlar ou restricións de duración nas xeracións. Algunhas das funcións anunciadas no verán, como eventos dinámicos que alteran o mundo durante a exploración, aínda non están dispoñibles. Aseguran que seguirá mellorando o sistema e ampliando o acceso a máis territorios no futuro.


Un dos vídeos que amosan o potencial do Project Genie

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026
sergas_sanidade_xunta-2.jpg
Actualidade

Licitado o servizo do soporte técnico das aplicacións informáticas da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?