Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta renovará e ampliará os seus servidores virtuais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta renovará e ampliará os seus servidores virtuais

Redacción
Publicado: 02/02/2026
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

260202_pte_reunionconsello_dcs_04.jpgA Xunta de Galicia renovará e ampliará os seus servidores virtuais co obxectivo de mellorar a eficacia e reducir os custos asociados aos servizos e recursos dixitais da Administración autonómica. O Consello da Xunta aprobou a formalización dun acordo marco con vixencia de catro anos que permitirá actualizar e ampliar, cando sexa necesario, as licenzas de software empregadas nestas contornas virtualizadas.
A través deste acordo, a Xunta poderá investir ata 11,8 millóns de euros nos vindeiros catro anos para garantir o correcto funcionamento dos servidores virtuais, que actúan como servidores físicos pero sen depender dunha única infraestrutura de hardware. Estas solucións permiten optimizar o uso dos recursos dispoñibles, mellorar o rendemento das aplicacións e incrementar a dispoñibilidade dos servizos dixitais que presta a Administración galega.
Os servidores virtuais achegan tamén maiores niveis de estabilidade e seguridade, xa que reducen as incidencias derivadas de fallos ou das tarefas de actualización das infraestruturas físicas. Entre as súas vantaxes destaca a posibilidade de realizar mantementos ou actualizacións de hardware sen interromper os servizos, ao permitir o traslado das máquinas virtuais entre distintos servidores físicos.
Na actualidade, a Administración autonómica conta con máis de 6.000 servidores en contornas virtualizadas. Sen esta tecnoloxía, sería necesario adquirir, instalar e manter miles de equipamentos físicos adicionais, cun custo moi superior en termos de investimento inicial, consumo eléctrico, climatización, espazo e mantemento. Segundo os cálculos da Administración, os custos anuais dun sistema baseado exclusivamente en servidores físicos serían aproximadamente cinco veces máis elevados.
A Xunta leva máis dunha década apostando pola virtualización de servidores, unha estratexia avaliada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia a través de distintos proxectos piloto, que confirmaron a súa eficacia e adecuación ás necesidades actuais e futuras da Administración autonómica nun contexto de crecente demanda de servizos dixitais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026
sergas_sanidade_xunta-2.jpg
Actualidade

Licitado o servizo do soporte técnico das aplicacións informáticas da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?