Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Firefox dará un maior control sobre a IA no navegador
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Firefox dará un maior control sobre a IA no navegador

Redacción
Publicado: 02/02/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

firefox_distilled-header-ai-controls_detalle.jpgFirefox incorporará a partir da versión 148 un novo sistema de controis para xestionar o uso de funcionalidades baseadas en intelixencia artificial (IA) dentro do navegador. A novidade comezará a despregarse o 24 de febreiro e permitirá aos usuarios decidir de xeito centralizado se queren empregar, limitar ou bloquear por completo este tipo de ferramentas.
A decisión responde á diversidade de posturas existentes entre a súa comunidade: mentres unha parte dos usuarios rexeita o uso da IA no navegador web, outros demandan ferramentas que resulten realmente útiles no día a día.
A nova sección de controis estará dispoñible na configuración do navegador de escritorio e funcionará como un panel único desde o que bloquear tanto as funcións actuais como as futuras relacionadas coa IA xerativa. Ademais, permitirá revisar e xestionar cada prestación de maneira individual, de forma que será posible usar Firefox sen ningunha función de IA ou combinar só aquelas que resulten de interese.
No momento do lanzamento, os controis permitirán activar ou desactivar por separado varias funcionalidades, entre elas as traducións automáticas para navegar na lingua preferida do usuario, a xeración de texto alternativo en documentos PDF para mellorar a accesibilidade, a agrupación intelixente de lapelas con suxestións de nomes, as previsualizacións de ligazóns con puntos clave antes de abrir unha páxina ou a integración dun chatbot na barra lateral do navegador.
No caso do asistente conversacional, Firefox ofrece a posibilidade de empregar distintos servizos de terceiros (Claude, ChatGPT, Copilot, Gemini e Mistral) na barra lateral mentres se navega pola web, sempre baixo elección expresa do usuario. Todas estas opcións son voluntarias e poden activarse ou desactivarse con facilidade.
Para quen non queira empregar ningunha función baseada en IA, Firefox incluirá un interruptor xeral para bloquear as melloras de intelixencia artificial. Ao activalo, o navegador deixará de amosar avisos, recordatorios ou propostas relacionadas con estas prestacións, tanto presentes como futuras.
Os controis de IA chegarán primeiro á versión experimental Firefox Nightly, onde poderán probarse antes do seu lanzamento xeral. Mozilla anima á comunidade a compartir impresións e suxestións a través dos seus canles de participación, co fin de seguir axustando o desenvolvemento destas funcións.


Vídeo de presentación do novo sistema de control sobre a IA en Firefox

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026
sergas_sanidade_xunta-2.jpg
Actualidade

Licitado o servizo do soporte técnico das aplicacións informáticas da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?