Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: MasOrange probará en Valladolid a conectividade móbil vía satélite de Starlink
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

MasOrange probará en Valladolid a conectividade móbil vía satélite de Starlink

Redacción
Publicado: 02/02/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

masorange_starlink.jpgMasOrange e Starlink iniciarán en España unha proba piloto dun novo servizo de conectividade móbil vía satélite coñecido como Direct to Cell, unha tecnoloxía que permite que os teléfonos móbiles se comuniquen directamente cos satélites sen necesidade de antenas terrestres intermedias. O proxecto desenvolverase na provincia de Valladolid e converterase na primeira experiencia deste tipo no Estado.
O piloto foi autorizado pola Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais e empregarase parte do espectro radioeléctrico asignado a MasOrange. Segundo a información facilitada polas compañías, a iniciativa ten como obxectivo avaliar a viabilidade técnica dun sistema pensado para complementar a cobertura móbil convencional en zonas onde esta é limitada ou inexistente.
A tecnoloxía Direct to Cell baséase nunha constelación de satélites en órbita baixa que funcionan como estacións base no espazo. Estes satélites manteñen conexión entre si mediante enlaces láser e permiten que os dispositivos móbiles cambien automaticamente da rede terrestre á satelital cando se perde a cobertura convencional, sen intervención por parte do usuario. Durante a fase piloto, o servizo permitiría o acceso a datos para aplicacións básicas, así como o envío e recepción de mensaxes SMS e MMS.
Desde MasOrange sinalan que esta solución non substitúe a rede móbil terrestre, senón que actúa como un complemento en contornas rurais, áreas de montaña ou zonas costeiras nas que a cobertura resulta insuficiente.
Starlink Direct to Cell xa está operativo noutros países como Estados Unidos, Xapón, Australia, Canadá ou o Reino Unido, e dispón dunha constelación de máis de 650 satélites preparados para ofrecer servizos de datos, voz e mensaxería en mobilidade. Os satélites están deseñados para funcionar con teléfonos LTE convencionais, sempre que teñan visión directa do ceo.
Polo momento MasOrange non detallou nin o calendario de posibles despregaduras comerciais nin as condicións nas que este tipo de conectividade podería chegar ao conxunto dos usuarios. A experiencia de Valladolid servirá como banco de probas para avaliar tanto o rendemento técnico como a integración do servizo coa rede móbil existente antes de calquera decisión sobre a súa extensión a outras zonas do territorio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026
sergas_sanidade_xunta-2.jpg
Actualidade

Licitado o servizo do soporte técnico das aplicacións informáticas da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?