Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: CTAG reforza a súa aposta pola electrónica do automóbil cun acordo coa francesa Cortus
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

CTAG reforza a súa aposta pola electrónica do automóbil cun acordo coa francesa Cortus

Redacción
Publicado: 04/02/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

proba_conducion_automatizada_no_ctag.jpgO Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) vén de pechar unha alianza estratéxica coa compañía tecnolóxica francesa Cortus co obxectivo de acelerar o desenvolvemento de novos sistemas electrónicos para o vehículo do futuro. A colaboración céntrase no deseño de unidades electrónicas de control baseadas en tecnoloxías abertas como RISC-V e no cumprimento dos estándares AUTOSAR, nun contexto marcado pola dixitalización, a intelixencia artificial e a crecente automatización da mobilidade.
Segundo informou o propio centro, o acordo permitirá combinar a experiencia de CTAG no desenvolvemento de sistemas electrónicos e na integración de software para automoción co coñecemento de Cortus no deseño de procesadores de altas prestacións, baixo consumo e arquitectura escalable. Ambas as dúas entidades traballarán de maneira conxunta no deseño, desenvolvemento e validación dunha nova xeración de unidades electrónicas de control que incorporen microcontroladores RISC-V e as súas plataformas de software asociadas.
Un dos primeiros fitos desta colaboración será a provisión dun MCAL compatible con AUTOSAR para o microcontrolador Ulyss1 de Cortus, así como o desenvolvemento de ECUs baseadas neste compoñente. O obxectivo é garantir a interoperabilidade e o cumprimento dos estándares actuais da industria, facilitando que fabricantes e provedores poidan conservar os seus activos de software e avanzar cara a novas arquitecturas de vehículo definido por software cunha transición progresiva e previsible.
Desde CTAG salientan que esta iniciativa responde á necesidade de contar con solucións máis flexibles e abertas, capaces de dar resposta aos novos requisitos do coche conectado, intelixente e automatizado. O director de Electrónica e Mobilidade Intelixente do centro, Francisco Sánchez, destacou que o acordo reforza o posicionamento de CTAG nun ámbito considerado estratéxico para o futuro da automoción e da mobilidade avanzada.
Pola súa banda, desde Cortus subliñan que a colaboración permitirá ofrecer plataformas RISC-V para automoción aliñadas cos estándares do sector e preparadas para asumir as esixencias crecientes en termos de rendemento, seguridade e integración de funcións de intelixencia artificial.
Con este acordo, CTAG consolida o seu papel como axente relevante no ecosistema internacional de innovación en automoción, participando en proxectos que sitúan Galicia na vangarda do desenvolvemento tecnolóxico do sector e contribúen a reforzar a competitividade da industria do automóbil.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026
gtc25-phase3-wmfg.jpg
Actualidade

nVIDIA restitúe a Jensen Huang como presidente e conselleiro delegado tras unha investigación interna

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?