Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Comisión Europea conclúe que TikTok vulnera a DSA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Comisión Europea conclúe que TikTok vulnera a DSA

Redacción
Publicado: 06/02/2026
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

p-068910_00-08_01-original-455257.jpgA Comisión Europea concluíu de maneira preliminar que TikTok incumpre a Lei de Servizos Dixitais (DSA) debido ao deseño adictivo da súa plataforma, ao considerar que non avaliou nin mitigou de forma axeitada os riscos que determinadas funcións supoñen para o benestar físico e mental dos usuarios, especialmente menores e adultos vulnerables.
Segundo as conclusións iniciais da investigación, elementos como o desprazamento infinito, a reprodución automática de vídeos, as notificacións constantes e un sistema de recomendación altamente personalizado fomentan un uso compulsivo da aplicación. A Comisión sinala que este tipo de deseño recompensa de maneira continua o usuario con novo contido, o que favorece que o cerebro entre nunha especie de modo automático. A evidencia científica analizada polos servizos comunitarios indica que este mecanismo pode reducir o autocontrol e derivar en comportamentos adictivos.
No proceso de avaliación de riscos, Bruxelas considera que TikTok ignorou indicadores clave de uso compulsivo, como o tempo que os menores pasan na aplicación durante a noite, a frecuencia coa que os usuarios a abren ao longo do día ou outros sinais que permitirían detectar patróns problemáticos de consumo.
A Comisión tamén entende que a plataforma non puxo en marcha medidas eficaces, proporcionadas e razoables para reducir estes riscos. As ferramentas actuais de xestión do tempo de uso e os controis paternos son cualificados como pouco efectivos, xa que resultan doados de desactivar e introducen unha fricción mínima no comportamento do usuario. No caso dos controis paternos, ademais, sublíñase que requiren un investimento adicional de tempo e coñecementos por parte das familias, o que limita a súa eficacia real.
Bruxelas apunta á necesidade de cambios estruturais no deseño do servizo. Entre as opcións mencionadas figuran a desactivación progresiva de funcións adictivas como o desprazamento infinito, a implantación de pausas efectivas de tempo de pantalla, incluídas durante a noite, e unha adaptación profunda do sistema de recomendación de contidos.
Estas conclusións teñen carácter preliminar e non anticipan o resultado final do procedemento. TikTok poderá agora exercer o seu dereito de defensa, revisar a documentación do expediente e presentar alegacións por escrito. Paralelamente, a Comisión consultará o Consello Europeo de Servizos Dixitais. Se finalmente se confirma o incumprimento, o Executivo comunitario poderá adoptar unha decisión de non conformidade que leve aparellada unha sanción de ata o 6 % da facturación anual mundial da empresa.
A investigación forma parte dun procedemento aberto en febreiro de 2024 que tamén analiza outros riscos asociados á plataforma, como o chamado efecto tobo dos sistemas de recomendación, a posible exposición de menores a contidos inadecuados por erros na verificación da idade e as obrigas de protección da privacidade, seguridade e protección da infancia. Outros capítulos da investigación, como o acceso de investigadores a datos públicos e a transparencia publicitaria, xa foron abordados en resolucións previas.

Resposta da Comisión a un ciberataque na súa infraestrutura móbil

Nun ámbito distinto, a Comisión Europea informou de que o pasado 30 de xaneiro detectou indicios dun ciberataque na infraestrutura central que xestiona os dispositivos móbiles do persoal. O incidente puido permitir o acceso a nomes e números de teléfono móbil dalgúns empregados, aínda que Bruxelas asegura que a resposta rápida permitiu conter o ataque e limpar o sistema nun prazo de nove horas, sen que se detectase ningún compromiso dos dispositivos.
A Comisión reiterou que a seguridade e a resiliencia dos seus sistemas internos son unha prioridade e anunciou que o incidente será revisado en profundidade para reforzar as capacidades de ciberseguridade da Unión. Nun contexto de ataques cibernéticos e híbridos recorrentes contra servizos esenciais e institucións democráticas, o Executivo comunitario insiste no seu compromiso de fortalecer a resposta europea.
Esta estratexia apoíase no labor permanente de CERT-EU, que ofrece vixilancia de ameazas as 24 horas e resposta rápida a incidentes, así como nun conxunto de iniciativas lexislativas recentes. Entre elas destacan o novo Paquete de Ciberseguridade presentado en xaneiro de 2026, coa futura Lei de Ciberseguridade 2.0 e un marco para unha cadea de subministración TIC fiable, a directiva NIS2 para sectores críticos e o Regulamento de Solidariedade Cibernética, orientado a mellorar a cooperación e a capacidade de reacción fronte a ameazas de gran escala.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026
sergas_sanidade_xunta-2.jpg
Actualidade

Licitado o servizo do soporte técnico das aplicacións informáticas da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?