Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A novena edición dos Premios Youtubeiras+ destacou a creación de contidos en galego na Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A novena edición dos Premios Youtubeiras+ destacou a creación de contidos en galego na Rede

Redacción
Publicado: 09/02/2026
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

youtubeiras_2026_presentadores_carlos_vieito_leila_fdez.jpgA novena edición dos Premios Youtubeiras+ coroou este venres en Ferrol ás canles e creadoras máis destacadas da creación de contidos en galego na Internet, nunha gala celebrada no Teatro Jofre que serviu tamén para reivindicar o papel das redes sociais como espazo clave para a normalización lingüística.
Presentaron a gala Leila Fernández, membro da canle O faiado podcast, e Carlos Vieito, integrante do proxecto Exército Mekemeke. A ela asistiron representantes das 28 canles finalistas.
youtubeiras_2026_foto_familia_ganadores.jpgAo longo da velada, deuse a coñecer o ditame do xurado, que nesta edición estivo conformado por Mónica Valencia, técnica de Normalización Lingüística do Concello de Ourense; Jon Amil, médico e presidente da Associaçom Galega da Língua (AGAL); Carlos Pereiro, xornalista e comunicador de videoxogos; María Rúa, creadora de contidos e gañadora do Premio á Creación de Contidos de 2024, e Uxío Broullón, ilustrador e deseñador gráfico.
youtubeiras_2026_konachadas.jpg O certame distinguiu nesta ocasión a Konachadas co Premio á Creación de Contidos, mentres que Rodri Míguez foi recoñecido como Mellor Canle polo seu labor xornalístico e pola promoción da música en galego. O galardón ao Mellor Podcast recaeu en Fóra de Mapa Podcast, valorado polo xurado pola súa capacidade para achegar, a través do son, realidades culturais e lingüísticas diversas cunha edición coidada e profesional.
youtubeiras_2026_patri_otero.jpg Completan o palmarés Patri Otero, que recibiu o Premio á Calidade Lingüística; ChutenMeme, distinguida co Premio Rede polo seu impacto comunitario a través do humor; e O búnker debuxos, recoñecida como canle Revelación pola súa proposta de animación artesanal. O Premio do Público foi para o vídeo Cada historia, unha vida. O 25N no CEIP de Tarrío, de Xurxo Varela, elixido mediante votación popular.
youtubeiras_2026_rodri_miguez.jpg Durante a gala, representantes institucionais puxeron o acento na diversidade temática e de formatos que acolle hoxe a creación dixital en galego, subliñando que o idioma é plenamente válido para comunicar ciencia, cultura, humor ou música en calquera plataforma. Tamén se destacou o compromiso das persoas creadoras que apostan polo galego nun contexto condicionado polos algoritmos e pola menor visibilidade das linguas consideradas minoritarias.
youtubeiras_2026_o_bunker_debuxos.jpg A edición de 2026 bateu o seu propio récord de participación, con 126 canles concorrentes, moi por riba das 89 da convocatoria anterior. O aumento explícase, en boa medida, pola ampliación das bases, que por primeira vez permitiron presentar contidos procedentes de calquera plataforma dixital, e non só de YouTube e TikTok. O certame recoñece así o traballo desenvolvido pola comunidade creadora ao longo de 2025 e consolídase como un referente na visibilización do galego no ecosistema dixital.
youtubeiras_2026_autoridades.jpg Á gala de entrega dos Premios Youtubeiras+ asistiron representantes das diferentes institucións organizadoras, como o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela; a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro; a deputada de Igualdade, Lingua e Dereitos Civís da Deputación da Coruña, Sol Agra; a concelleira de Normalización Lingüística de Carballo, Ángeles Pacoret; a concelleira de Cultura, Normalización Lingüística, Ensino e Xuventude de Oleiros, María José Santos; a concelleira de Deportes, Relacións Veciñais, Festas e Rural de Santiago de Compostela, Pilar Lueiro; a concelleira de Asuntos Sociais e Emprego de Rois, María Mercedes Basante; e a vicerreitora de Igualdade e Diversidade da Universidade da Coruña, Cristina López.


Vídeo da gala dos Premios Youtubeiras+

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026
sergas_sanidade_xunta-2.jpg
Actualidade

Licitado o servizo do soporte técnico das aplicacións informáticas da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?