Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A plataforma tecnolóxica Sanidade Mediaverso recibe un premio estatal de investigación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A plataforma tecnolóxica Sanidade Mediaverso recibe un premio estatal de investigación

Redacción
Publicado: 09/02/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ambito-comunitario-y-social.jpgA Plataforma Tecnolóxica Sanidade Mediaverso, promovida pola Consellería de Sanidade para fomentar hábitos de vida saudables, vén de recibir un premio estatal de investigación polo seu impacto positivo no benestar emocional.
O recoñecemento produciuse no ámbito da investigación sanitaria, ao formar parte do proxecto distinguido co segundo premio na categoría comunitaria e social dos Premios de Investigación do Consello Xeral de Enfermaría.
A iniciativa, desenvolvida pola Escola Universitaria de Enfermería de Lugo, fora previamente seleccionada entre 170 proxectos presentados en todo o Estado e foi o único traballo galego entre os 16 finalistas.
O galardón corresponde ao estudo «Efectividade dunha intervención multifacética para mellorar o benestar emocional a través da plataforma Mediaverso. Un ensaio aleatorizado en estudantes de Enfermería», realizado por María José Ferreira Díaz e Mario Alberto Rivas, profesores da Escola de Enfermería de Lugo.
A investigación analiza, mediante unha metodoloxía científica rigorosa, o impacto dunha intervención dixital que combina mindfulness e exercicio físico, empregando Sanidade Mediaverso como ferramenta de apoio á promoción do autocoidado e da saúde emocional.
Este recoñecemento a nivel estatal pon en valor Sanidade Mediaverso como unha plataforma innovadora orientada á adquisición de hábitos de vida saudables e ao reforzo da saúde emocional.
A combinación de contidos dixitais, recursos interactivos e enfoques educativos centrados na persoa sitúa Mediaverso como unha ferramenta de interese tanto para a cidadanía como para os profesionais sanitarios, especialmente en ámbitos educativos e comunitarios.
O premio do Consello Xeral de Enfermaría destaca non só a calidade científica do estudo, senón tamén a capacidade de Sanidade Mediaverso para xerar un impacto real, transferible e sostible nos programas de promoción da saúde, consolidándose como unha referencia en innovación dixital aplicada á saúde pública.
A plataforma Sanidade Mediaverso, integrada no Plan Obesidade Zero da Xunta, estrutúrase arredor de catro grandes eixes orientados a contribuír ao mantemento dunha boa saúde entre a poboación galega: a alimentación saudable, a práctica de actividade física, o coidado do benestar emocional e a prevención de condutas adictivas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026
sergas_sanidade_xunta-2.jpg
Actualidade

Licitado o servizo do soporte técnico das aplicacións informáticas da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?