Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Estudantes de Redondela e O Porriño gañan a Olimpíada Informática Galega 2026
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Estudantes de Redondela e O Porriño gañan a Olimpíada Informática Galega 2026

Redacción
Publicado: 09/02/2026
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

inauguracion_oig26.jpgDavid Lago, do IES Pedro Floriani de Redondela, e Nicolás Freiría, do IES Ribeira de Louro do Porriño, proclamáronse gañadores da Olimpíada Informática Galega 2026, celebrada na Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Ambos estudantes representarán a Galicia na fase estatal da XXX Olimpíada Informática Española, que terá lugar do 10 ao 12 de abril na Escola de Enxeñaría Informática da Universidade de Valladolid.
O certame, organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia en colaboración coas tres universidades galegas, reuniu unha trintena de estudantes de ESO, bacharelato e formación profesional de grao medio procedentes de nove centros educativos de distintos puntos do país. As probas puxeron a proba os coñecementos de programación e lóxica dos participantes, nunha competición orientada a fomentar as vocacións tecnolóxicas entre a mocidade.
sete_ganhadores_oig_2026.jpg O primeiro posto foi para David Lago Alonso, alumno de 2º de Bacharelato no IES Pedro Floriani, mentres que Nicolás Freiría Casal, tamén de 2º de Bacharelato no IES Ribeira de Louro, acadou a segunda posición. Ambos recibiron dotación económica e o pase directo á fase nacional. O terceiro premio correspondeu a Tirso Nieto Senatore, de 1º de Bacharelato no CPR Manuel Peleteiro de Santiago, seguido por Antón Castro Dorribo, do mesmo centro, e por Breixo Vidal Salgueiro, do IES Illa de Tambo de Marín.
O xurado tamén recoñeceu a mellor participante feminina, Antía Paradela Casal, e aos mellores estudantes de ESO, Andrés Covelo Franco e Jaime Daniel Moar Fernández, salientando así a diversidade de perfís e idades presentes nesta edición.
Os dous primeiros clasificados competirán agora na fase estatal, da que sairán os representantes españois para a Olimpíada Informática Internacional, prevista para o mes de agosto en Uzbekistán. A edición galega contou co patrocinio de diversas entidades e empresas do sector das tecnoloxías da información e da comunicación, reforzando o apoio do tecido tecnolóxico á formación do talento novo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026
sergas_sanidade_xunta-2.jpg
Actualidade

Licitado o servizo do soporte técnico das aplicacións informáticas da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?