Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nova orde de axudas para impulsar as empresas de base tecnolóxica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Nova orde de axudas para impulsar as empresas de base tecnolóxica

Redacción
Publicado: 09/02/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

260209_pte_consello_reunion_dcs_04.jpgA Xunta de Galicia vén de activar unha nova convocatoria de axudas destinada a apoiar o inicio da actividade das empresas de base tecnolóxica e a fomentar a creación de emprego de alta cualificación. O Consello da Xunta analizou un informe sobre a orde correspondente a 2026, que se publicará mañá no Diario Oficial de Galicia (DOG) e contará cunha dotación global de 500.000 euros.
Estas achegas están dirixidas a facilitar o arranque e a consolidación das iniciativas empresariais de base tecnolóxica durante o seu primeiro ano de actividade, incluíndo a contratación de persoal cualificado. As axudas poderán situarse entre os 10.000 e os 47.000 euros por entidade, permitindo beneficiar ata 21 empresas cualificadas.
O obxectivo da convocatoria é favorecer que proxectos baseados no coñecemento científico e na investigación poidan transformarse en empresas viables, capaces de chegar ao mercado nas súas fases iniciais. Con esta medida, a Xunta pretende acelerar a implantación de solucións tecnolóxicas con aplicación práctica en ámbitos estratéxicos como a sanidade, a educación, a sustentabilidade ambiental ou a mellora dos servizos públicos, contribuíndo á diversificación da economía galega e ao reforzo dun tecido empresarial máis competitivo.
A orde inclúe catro liñas de actuación subvencionables: a creación de emprego indefinido, o inicio e posta en marcha da actividade, a conciliación da vida persoal, laboral e familiar, e o apoio á función xerencial. O prazo de presentación de solicitudes abrirase o 17 de febreiro e permanecerá aberto ata o 30 de setembro.
No ámbito do emprego, as axudas partirán dun mínimo de 6.000 euros por persoa desempregada contratada de maneira indefinida durante o primeiro ano, con incrementos que poden acadar os 12.000 euros cando se trate de titulados con doutoramento. As contías poderán aumentar nun 25 % adicional se o centro de traballo se localiza nun concello rural, entre outros supostos.
Os gastos de posta en marcha poderán financiarse ata o 100 % e inclúen custos de notaría e rexistro, compra de materias primas, arrendamento de locais ou equipamentos, seguros, publicidade ou desenvolvemento de páxinas web. Pola súa banda, as axudas á conciliación permitirán cubrir ata o 75 % dos custos de coidado de menores, maiores ou persoas dependentes, mentres que o apoio á función xerencial contempla financiamento para formación ou para a elaboración externa de análises e estudos.
En todos os casos, cando a empresa estea constituída como cooperativa ou sociedade laboral, a contía da axuda incrementarase nun 25 %.
Con 25 anos de traxectoria, este programa consolidouse como unha ferramenta clave para promover o espírito emprendedor entre investigadores e titulados universitarios. Grazas a este impulso, Galicia conta na actualidade con preto de 200 proxectos activos de base tecnolóxica, e algunhas das empresas máis punteiras da Comunidade naceron precisamente ao abeiro desta liña de apoio público.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026
sergas_sanidade_xunta-2.jpg
Actualidade

Licitado o servizo do soporte técnico das aplicacións informáticas da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?