Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: César de la Fuente suma dous grandes recoñecementos pola súa investigación en antibióticos asistida por IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

César de la Fuente suma dous grandes recoñecementos pola súa investigación en antibióticos asistida por IA

Redacción
Publicado: 10/02/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xxxi_premio_rafael_hervada.jpgO investigador galego César de la Fuente, catedrático da Universidade de Pensilvania e director do Machine Biology Group, recibe esta semana importantes recoñecementos académicos e científicos polo seu traballo pioneiro no uso da intelixencia artificial para acelerar o descubrimento de novos antibióticos, nun contexto marcado polo avance global da resistencia aos antimicrobianos.
Por unha banda, de la Fuente foi distinguido co Premio Rafael Hervada de Investigación Biomédica, un dos galardóns máis prestixiosos do Estado neste ámbito, que outorga anualmente a Fundación San Rafael para recoñecer achegas excepcionais á biomedicina. O xurado destacou a súa capacidade para aplicar técnicas de aprendizaxe automática e modelado computacional ao deseño de novos axentes antimicrobianos, reducindo procesos de descubrimento que tradicionalmente levaban anos a cuestión de horas. A cerimonia de entrega terá lugar este mércores no Hospital San Rafael da Coruña, coa presenza de representantes do ámbito científico, académico e sanitario.
Paralelamente, a Universidade de León anunciou a concesión do título de Doutor Honoris Causa a César de la Fuente, en recoñecemento á súa traxectoria investigadora na intersección entre intelixencia artificial, microbioloxía e bioloxía sintética. Con só 39 anos, convértese nun dos científicos máis novos en recibir esta distinción, cuxa cerimonia de investidura se celebrará o vindeiro venres na cidade de León.
cesar_de_la_fuente_reflexo.jpg O traballo do investigador supuxo un cambio de paradigma no desenvolvemento de antibióticos, ao apostar por un enfoque computacional que permite explorar grandes espazos químicos e biolóxicos de forma sistemática, identificar candidatos terapéuticos prometedores e acurtar de maneira drástica o camiño desde a hipótese ata a validación experimental. No seo do seu laboratorio desenvolvéronse plataformas baseadas en intelixencia artificial como APEX, APEX Amphion ou Key Cutting Machine, que integran aprendizaxe automática, modelado estrutural e experimentación, e que xa permitiron identificar máis dun millón de compostos antimicrobianos potenciais con aplicacións preclínicas.
Ao coñecerse ambos recoñecementos, de la Fuente subliñou que estes premios son un reflexo do traballo colectivo do seu equipo e dun compromiso compartido por comprender a bioloxía desde os seus principios fundamentais para aplicala en beneficio da saúde humana. A súa traxectoria inclúe publicacións en revistas científicas de alto impacto e máis de 80 premios nacionais e internacionais, consolidándoo como unha das figuras máis destacadas no emerxente campo do descubrimento de antibióticos asistido por intelixencia artificial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?