Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A renovación de Siri podería rexistrar novos retrasos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A renovación de Siri podería rexistrar novos retrasos

Redacción
Publicado: 11/02/2026
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

apple_intelligence_videoframe_6090176.jpgO iPhone recibe hoxe a actualización a iOS 26.3, versión do seu sistema operativo con poucas novidades (o máis importante sería a incorporación dunha ferramenta para facilitar que os usuarios pasen os seus datos de iPhone a Android e, no territorio europeo, unha maior interoperabilidade con dispositivos de terceiros), que tiña aos usuarios pendentes da súa chegada principalmente porque suporía que en breve se deixaría ver a versión de proba de iOS 26.4, que estaba previsto que incorporase unha versión renovada de Siri, que funcionaría coa tecnoloxía de Google Gemini.
Pero a esperada actualización do asistente virtual Siri por parte de Apple volve atopar obstáculos no seu desenvolvemento segundo informacións publicadas por Bloomberg e asinadas por Mark Gurman, nas que apuntan que a compañía de Cupertino está a experimentar dificultades técnicas que poderían atrasar varias das funcións máis ambiciosas previstas para as vindeiras versións de iOS.
Gurman asegura que tras as últimas probas internas, a compañía de Cupertino estaría a considerar repartir estas melloras en versións posteriores, o que implicaría o seu adiamento ata iOS 26.5 (prevista para maio) ou mesmo ata iOS 27, que chegaría en setembro.
Os problemas detectados afectan ao procesamento das solicitudes. Segundo as fontes citadas, Siri non sempre interpreta correctamente as peticións dos usuarios ou tarda máis do desexable en responder. Tamén se rexistraron erros de precisión, interrupcións cando o usuario fala con rapidez e dificultades para xestionar consultas complexas que requiren máis tempo de cálculo. Nalgúns casos, o sistema chega a recorrer á integración con ChatGPT de OpenAI en lugar de empregar a tecnoloxía propia de Apple, mesmo cando debería ser capaz de resolver a solicitude de maneira autónoma.
Un dos apartados máis sensibles é o acceso ampliado aos datos persoais. A nova Siri permitirá, por exemplo, localizar mensaxes antigas para atopar un podcast compartido por un contacto e reproducilo de inmediato. Con todo, esta función é unha das que máis risco ten de atrasarse. Nas versións internas de iOS 26.5 inclúese mesmo unha opción para activar unha previsualización destas capacidades, o que suxire que Apple podería advertir os usuarios de que se trata dunha implementación inicial non completamente estable.
Outra das novidades en desenvolvemento é o sistema coñecido como app intents, que permitiría executar accións complexas dentro das aplicacións mediante unha única orde de voz, como buscar unha imaxe, editala e enviala a un contacto. Aínda que xa existe soporte preliminar, os probadores sinalan que o seu funcionamento non é fiable en todos os escenarios.
A renovación de Siri baséase nunha arquitectura completamente nova, co nome interno de Linwood, sustentada na plataforma de modelos lingüísticos propios da compañía, Apple Foundations Models, que agora integra tamén tecnoloxía procedente do equipo Gemini de Google. Ademais, as versións de proba inclúen dúas funcións aínda non anunciadas oficialmente: unha ferramenta de busca web con respostas sintetizadas ao estilo de servizos como Perplexity ou Gemini, e un sistema de xeración de imaxes apoiado no mesmo motor que emprega a aplicación Image Playground.
De cara a iOS 27, iPadOS 27 e macOS 27, Apple estaría a preparar unha transformación máis profunda baixo o nome en clave Campo: unha Siri redeseñada con funcionamento máis próximo ao dun chatbot conversacional. Este sistema apoiariase en servidores de Google e nun modelo Gemini personalizado, cunha integración máis ampla nas aplicacións propias da compañía, como Mail, Calendar e Safari.
A evolución do proxecto continúa aberta e podería sufrir novos axustes nas vindeiras semanas. O que semella claro é que Apple non quere que unha actualización anunciada en xuño de 2024 se retrase máis aló da primavera de 2026, aínda que os desafíos técnicos e as esixencias en materia de privacidade están a facer máis complexa do previsto a renovación do seu asistente virtual.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026
sergas_sanidade_xunta-2.jpg
Actualidade

Licitado o servizo do soporte técnico das aplicacións informáticas da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?